Cargando

AGEFEC reúnese co sindicato CSIF

AGEFEC reúnese co sindicato CSIF

Este luns 2 de decembro, unha delegación de AGEFEC, encabezada pola presidenta Belén González, a secretaria Leticia Carral e Mónica Carazo, representante do Grupo de Promoción da Especialidade, reuníronse en Santiago de Compostela ca central sindical CSIF.

Nesta reunión tratáronse temas de interese para a nosa profesión, como é:

  • A creación progresiva de prazas de enfermeira/o especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria.
  • A convocatoria do concurso específico da especialidade.
  • A necesidade de realizar unha análise da situación a nivel de recursos humanos para estudar as ratios necesarias das enfermerias de Atención Primaria.
  • A carteira de servizos única de enfermaría de Atención Primaria
  • A oferta de prazas para a vindeira OPE e o Plan de Ordenación de Recursos Humanos.

Seguiremos mantendo o contacto para ir estudando como se vai desenvolvendo a situación de cara o próximo ano.

Agefec

Agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios