Incongruencias no Informe de avaliación sobre o impacto da Primeira Reforma do Compoñente 18 do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia no Sistema Nacional de Saúde
O pasado mes de novembro deuse a coñecer o Informe de avaliación sobre o impacto da Primeira Reforma do Compoñente 18 do Pan de Recuperación, Transformación e Resiliencia no Sistema Nacional de Saúde publicado polo Goberno de España.
Nestas catrocentas páxinas porporciónase información moi interesante en canto a medidas aplicadas na Atención Primaria galega e a do conxunto do Estado, o impacto das reformas xa realizadas e se abordan retos futuros e propostas para afrontalos.
Ca lectura deste documento, a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria detectóu unha serie de incongruencias entre o plasmado neste informe e a realidade que estamos a vivir na nosa Comunidade, incongruencias que fixemos chegar á Consellería de Sanidade a través dunha misiva a Recursos Humanos, ó Conselleiro de Sanidade e ó Xerente do Sergas, na que quixemos salientar as relativas á xestión dos recursos humanos, que resumimos a continuación:
- En canto á “Priorización de los nombramientos de EFyC en la bolsa de empleo temporal y/o en las Ofertas Públicas de Empleo (OPEs)” menciónase que Galicia realiza a priorización dos nomeamentos de EFyC tanto na bolsa de Emprego Temporal coma nas OPEs. Esta foi unha cuestión moi reclamada por esta Sociedade Científica na última década, e a día de hoxe aínda non se levou a cabo. Así e todo, dende AGEFEC aplaudimos a iniciativa de antepor o que entendemos as medidas futuras á realidade do momento no que foi redactado dito informe, xa que entendemos que Galicia seguirá a senda do consenso e a cohesión nacional do conxunto do Sistema Nacional de Saúde.
- Sobre “Crecimiento interanual de nombramientos de especialistas en EFyC, 2022-2023″, o cadro mostra resultados moi alarmantes en relación ao obxectivo de acadar polo menos un incremento anual do 20% nos nomeamentos das Enfermeiras de Atención Primaria co título da especialidade de EFeC no 2023. Galicia quédase atrás, cun crecemento interanual de só o 2.6%, e o máis gravoso desta situación é que se pon de manifesto o problema de ordenación profesional posto enriba da mesa pola AGEFEC nas últimas reunións mantidas en Consellería, xa que houbo un incremento de nomeamentos de Enfermeiras de AP entre 2022-2023 de 139 enfermeiras e só se levou a cabo un nomeamento de 87 EFeC, sendo as restantes dispoñibles relegadas a Atención Hospitalaria principalmente.
- En canto ó “Cumplimiento del indicador de la acción 2.6 [..]” na que se detalla que en Galicia finalizaron a residencia 21 EFeC e deles obtiveron contrato de interinidade 14, manifestar que estes datos non cadran cos nosos rexistros, xa que finalizaron máis residentes que os 21 mencionados. Por outra banda, tamén lembrar que as promocións anteriores formadas en Galicia seguen sen estar vinculadas á Atención Primaria.
- Chámanos a atención a “Oferta de plazas de EFyC y EIR […]”, onde no territorio do Estado hai 2108 plazas EIR, pero só 891 de EFyC, sendo os segundos os responsables da formación dos primeiros, cando por criterios de acreditación das Unidades Docentes se establece un mínimo de dous titores por cada residente en formación. Ademais, a nova realidade de acreditación das Unidades Docentes vai dar lugar á perda de acreditación de moitos centros actualmente acreditados.
- Por outra banda, exponse a “Relación de prazas de […] EFeC acreditadas y ofertadas por Comunidad Autónoma” que, se ben é certo que Galicia se atopa no limiar baixo cun 63,3%, a ameaza de descenso da oferta é cada vez superior, ligado aos altos índices de interinidade na Atención Primaria manifestados neste Informe, sendo en Galicia dun 79%, con media estatal do 67%.
- O Informe tamén analiza as principais causas desta situación, así como solucións futuras, e aborda as principais barreiras identificadas para o incremento do número de prazas a ofertar, como “insuficiente número de tutores […], la limitada disponibilidade de tutores es especialmente destacable en EFyC, la necesidad de garantizar la capacidad docente de los centros para la formación sanitaria especializada de los residentes de EFyC y desarrollo profesional posterior […]”, ou “la necesidad de elaborar planes de implantación de las EFyC […]”.
- Tamén afirma de xeito rotundo, que “En Comunidades Autónomas como […] Galicia […] se prevé que las plazas de enfermeras que accedan a la jubilación se conviertan en plazas de Enfermería especialista en EFyC […]”. Isto responde a unha das reclamacións xa feitas por AGEFEC, que é a reconversión automática das prazas vacantes en Enfermaría de Atención Primaria. Na realidade, vemos unha excesiva burocratización por parte das Áreas Sanitarias para cumprir con este precepto. Tamén se explica de forma explícita e concisa as medidas para facilitar a implantación da especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria.
Nesta misiva solicitamos, ademais, unha reunión urxente para abordar estes problemas e as medidas que se van levar a cabo dende a Consellería de Sanidade para corrixilas, así coma a se se van a ter en consideración as solucións aportadas polo Ministerio.
Non están permitidos os comentarios.