Cargando

Aprobada a nova oferta de prazas do ano 2024

Aprobada a nova oferta de prazas do ano 2024

O pasado 31 de decembro publicouse a oferta de emprego público correspondente a diversas categorías de persoal estatutario do sistema público de saúde de Galicia para o ano 2024 cun total de 88 prazas para a categoría de Enfermeira Especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria (EFeC).

Dende AGEFEC recibimos de bo agrado este anuncio de prazas, mais queremos lembrar que aínda que é un pequeno paso, continúa a ser un número insuficiente.

Segundo os datos dos que dispón AGEFEC, do total de case 600 persoas coa especialidade en Enfermaría Familiar e Comunitaria en Galicia, só o 31% están traballando en Atención Primaria, ademais de ter unha taxa de eventualidade superior ó 50% e unha taxa de contratación temporal superior ó 10%.

Por último, facer fincapé que o Informe de avaliación sobre o impacto da Primeira Reforma do Compoñente 18 do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia no Sistema Nacional de Saúde recolle coma obxectivo do crecemento interanual de nomeamentos de Especialistas en EFeC un 20% nos nomeamentos de enfermeiras de Atención Primaria e Galicia quédase atrás, cun crecemento interanual de só o 2.6%.

Agefec

Agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios