Cargando

AGEFEC reúnese con Comisións Obreiras (CC.OO.) na súa sede autonómica en Santiago

AGEFEC reúnese con Comisións Obreiras (CC.OO.) na súa sede autonómica en Santiago

O pasado venres 24, Belén González Martínez (presidenta da AGEFEC) e Cristina Márquez Riveras (representante do Grupo de Promoción da Especialidade de AGEFEC), reuníronse con Javier González Castro, delegado sindical de sanidade de CC.OO., na sede autonómica do sindicato en Santiago de Compostela.

Abordouse a situación actual da Atención Primaria, a importancia da atención lonxitudinal e a promoción da saúde. Tamén se resaltou a importancia do traballo en equipo e de evitar a fragmentación dos equipos de AP.

Comentáronse os principais problemas que están enriba da mesa na actualidade, como son o pacto de contratacións, o manual de permisos e licencias, o plantexamento dun novo modelo de Atención Primaria coa modificación lexislativa e derogación do decreto 200/1993, ou o futuro plan de ordenación de RRHH que porá en marcha o SERGAS a partir de maio deste ano.

Ambos colectivos coinciden no estancamento na creación de prazas, así coma as diferenzas significativas, sustancias e non xustificadas entre as Áreas Sanitarias. Moi bo ritmo de crecemento nos primeiros anos pero que se freou. Tamén resaltouse que a oferta de praza nas OPEs insuficiente. 

Por parte de AGEFEC, aportáronse os datos da situación actual dos Especialistas en Enfermaría Familiar e Comunitaria, extraídos do análise realizado pola Asociación.

Existe unha aposta pola Especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria e pola Aplicación da Disposición Transitoria Segunda do Decreto 81/2016, mediante concurso específico.

Tanto AGEFEC como CC.OO. quedaron abertos a continuar dialogando e canalizando os temas sindicais que nos foran chegando.

Avatar

leticia.carral.otero@agefec.org

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios