Cargando

A AGEFEC celebra o seu 18 aniversario

A AGEFEC celebra o seu 18 aniversario

Hoxe, 14 de febreiro, a AGEFEC está de aniversario, celebramos 18 anos. Desde a Asociación queremos darlle as grazas a todos e todas os que fixeron posible chegar ata aquí. Porén, deixámosvos unhas breves palabras de parte da nosa actual Presidenta, Belén González Martínez:

Parabéns a AGEFEC polo seu aniversario, xa que supón unha celebración non só para ela, senón para o movemento asociativo da enfermaría de Atención Primaria. 

A directiva actual levamos percorrido un breve camiño, de tódalas iniciativas que temos pensado e que nos gustaría facer. Neste tempo, consolidouse a actividade científica, co desenvolvemento dos Grupos de Traballo, ao que agradecemos toda a participación e implicación, ganas e ilusión que están a ter. 

Tamén queremos recoñecer a tódalas persoas asociadas que compartides con nós cada día as vosas inquedanzas e información. Vós sodes o motor, o que da sentido e o que fai avanzar a consecución dun obxectivo claro, que é a defensa dunha Atención Primaria de calidade e pública e a figura que a enfermeira especialista en enfermaría familiar e comunitaria merece ter dentro do sistema de saúde. 

Para vós, temos unhas cantas sorpresas preparadas para este ano. 

Contáronnolo, vimos de situacións peores, e aínda que agora nos pareza que a calma volveu ao mar, pedímosvos que non vos confiedes. Que as adversidades seguen, que a lenta progresión na implantación da especialidade se frea cada día máis, que se aproximan tempos difíciles, que seguimos precisando de vós. De todos vós. Xa que cada día somos máis, non o esquezades. 

Gustaríanos rematar con palabras de esperanza, xa que a fin de contas é un aniversario. Estamos aquí, estivemos e estaremos, pero só a poder de estar unidos e de contar con todos.  

Parabéns!

Ao longo dos vindeiros días compartiremos tamén, a través das nosas redes sociais, as reflexións dos anteriores presidentes e presidentas da Asociación, quenes foron facendo o camiño polo que hoxe, tanto a AGEFEC coma os seus membros, poden transitar.

AGEFEC é necesaria, nós somos necesarios e necesarias.

Avatar

leticia.carral.otero@agefec.org

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios