8 M: Día Internacional da Muller
Mañá, 8 de marzo, é o Día Internacional da Muller. Desde a AGEFEC queremos sumarnos a esta celebración, reevindicando o marcado carácter feminino da nosa profesión, desde os inicios da enfermaría moderna, da man de Florence Nightingale, ata a actualidade.
Segundo os datos do Informe do Ministerio de Sanidade “Situación actual y estimación de la necesidad de enfermeras en España, 2024”, a distribución do xénero no total de enfermeiras/os amosa un 14.5% de homes e un 85.5% de mulleres. Pero, o predominio das mulleres na profesión enfermeira, non quere dicir que se atopen nunha situación de menor desigualdade respecto a outras profesións; no mesmo Informe recoñécense, como problemas asociados, entre outros, ao predominio feminino na profesión:
– A falta de recoñecemento profesional, que actúa como un desincentivo e limita tanto o reclutamento como a progresión das carreiras profesionais.
– A vulnerabilidade en termos de seguridade pesoal, xa que as mulleres no ámbito da saúde enfróntanse a maiores riscos de acoso e violencia sexual.
– A ausencia de medidas efectivas como permisos de conciliación, horarios flexibles e apoio laboral, que poden afectar negativamente á retención e fidelización do persoal.
Por último, recoñécese como indispensable implementar políticas transformadoras con perspectiva de xénero para garantir a equidade tanto no acceso aos servizos de saúde como nas oportunidades dentro do sector, así como abordar os nesgos persistentes na formación e no mercado laboral sanitario.
Podes atopar o Informe completo na seguinte LIGAZÓN.

Non están permitidos os comentarios.