Medidas de prevención fronte aos virus respiratorios
Chega o outono, e con el, os virus respiratorios: gripe, VRS, COVID-19…
Desde a Atención Primaria, a enfermaría familiar está na primeira liña para protexerte a ti e á túa comunidade.
📌 A vacinación é unha ferramenta segura e eficaz para evitar complicacións, especialmente en persoas maiores, embarazadas, persoas con enfermidades crónicas e profesionais esenciais.
👉 A gripe non é só un catarro: pode causar hospitalizacións e complicacións graves.
👉 A vacina non causa gripe: é inactivada e prepárate para que o teu corpo responda mellor se te expós ao virus.
👉 A enfermaría é clave na educación, administración e seguimento da vacinación: explicamos, resolvemos dúbidas e acompañamos na toma de decisións.
👉 Tamén preveñen os xestos cotiás:
🧼 Lavado de mans
😷 Uso de máscara en espazos sanitarios ou se tes síntomas
🏠 Queda na casa se estás doente
🫶 Cubre a boca ao toser/esbirrar
Este outono, protexe a quen máis queres empezando por ti.
Consulta co teu centro de saúde e vacínate. A túa enfermeira está para informarte e coidarte.
#VacinaGripe2025 #Prevención #EnfermaríaFamiliar #AtenciónPrimaria #AGEFEC #SaúdeComunitaria








Non están permitidos os comentarios.