A neveira de vacinas
O pasado luns 29 de setembro comezou a Campaña de Vacinación fronte á Gripe e a Covid-19, iniciándose polas persoas institucionalizadas en residencias de maiores e centros de discapacidade e traballadores/as destas institucións.
A partir da vindeira semana, levarase a cabo a vacinación, dende os centros de saúde, tanto da poboación pediátrica como das persoas inmobilizadas de calquera idade e coidador/a principal destas.
Dende a AGEFEC, como enfermeiras/os de familia, sabemos a carga asistencial e loxística que esta campaña implica cada ano, por elo, compartimos con vós a seguinte infografía.
Tomando como referencia a Instrución de Manexo da Rede de Frío, da Dirección Xeral de Saúde Pública, recompilamos os aspectos esenciais respecto á manipulación das neveiras dos vosos centros de saúde nas que se almacenen vacinas, así como a colocación e manexo das mesmas en caso de existir algunha incidencia (rotura da cadea de frío, caducidade, etc.). Agardamos que sexa do voso interese e utilidade.
A AGEFEC é necesaria, somos necesarios e necesarias.
#gripe #covid #vacinación #enfermaríafamiliarecomunitaria #EFYC








Non están permitidos os comentarios.