26 de novembro. Día Mundial da Enfermaría Familiar e Comunitaria.
Hoxe é un día para celebrar, pero tamén para facer ruído.
As enfermeiras de familiar e comunitaria somos moito máis que un elo do sistema sanitario: somos a súa base.
Estamos preto das persoas, acompañando, educando, coidando e defendendo a saúde nas casas, nos centros de saúde e nas comunidades.
Somos as profesionais que coñecemos os nomes, as historias e as necesidades de cada persoa e familia.
Mais tamén somos un colectivo invisibilizado, sobrecargado e infrautilizado.
Reivindicamos o noso espazo, o noso papel e a nosa voz.
Porque sen enfermaría familiar e comunitaria, non hai atención primaria nin saúde pública que funcione.
📢 Queremos políticas que aposten de verdade polos coidados.
📢 Queremos equipos estables, recoñecemento profesional e tempo para acompañar.
📢 Queremos que se escoite o noso saber e se respecte o noso labor.
Cada día, desde o primeiro nivel de atención, tecemos saúde e comunidade.
Facémolo con ciencia, compromiso e humanidade.
E seguiremos facéndoo, porque coidar é tamén un acto de resistencia e de amor á vida.
Hoxe celebramos, visibilizamos e loitamos.
Por nós, polas persoas e por un sistema sanitario que poña os coidados no centro.
DíaMundialEnfermaríaFamiliarEComunitaria #AGEFEC








Non están permitidos os comentarios.