Cargando

A AGEFEC deséxavos unhas felices festas e un feliz 2026.

A AGEFEC deséxavos unhas felices festas e un feliz 2026.

Neste tempo de Nadal, dende a AGEFEC queremos facervos chegar unha agarimosa felicitación e os nosos mellores desexos para estas festas e para o ano que está por comezar.

Que o novo ano veña cargado de saúde, forza e ilusión, pero tamén de avances reais para a nosa profesión. As enfermeiras de Familia e Comunitaria seguimos a demostrar, día a día, o noso papel esencial no coidado das persoas, das familias e das comunidades, e é de xustiza que ese valor sexa recoñecido e aproveitado no sistema sanitario.

Seguiremos traballando xuntas e xuntos para defender a especialidade, visibilizar o noso labor e reclamar o espazo que nos corresponde.

Bo Nadal e próspero Ano Novo. Unha forte aperta.

A AGEFEC é necesaria, somos necesarios e necesarias.

Avatar

leticia.carral.otero@agefec.org

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios