Nova (e derradeira) edición dos cursos de Medicarama
Como proposta formativa de final de ano e mellor comezo do seguinte, abrimos unha nova, e derradeira, convocatoria dos cursos Medicarama ofertados pola AGEFEC neste 2025.
A data de inicio dos mesmos será do 22/01/26, e a data de fin do 28/02/2026.
Os 4 cursos que se ofertan son os seguintes:
- Atención Integral ao paciente con Obesidade CFC 5,3.
- Coidados da Muller con Menopausia CFC 6,8.
- Coidados Paliativos CFC 12,1.
- Valoración Xeriátrica Integral CFC 9,7.
A data de fin de preinscrición aos mesmos será do 20/01/26, inclusive.
Lembramos aos/ás que vos preinscribistes nas anteriores edicións pero que non completastes o procedemento de pago, que no caso de que esteades interesados/as, deberedes preinscribirvos de novo.
Achegamos a ligazón para realizar a preinscrición: https://www.agefec.org/web/formulario-inscricion-cursos-agefec-2025/
Dispodes de máis información no voso correo de socios/as.








Non están permitidos os comentarios.