Recomendacións para a captación e estabilización de enfermeiras especialistas en Enfermaría Familiar e Comunitaria para a Atención Primaria de Galicia
A semana pasada enviamos á Consellería de Sanidade un documento con Recomendacións para a captación e estabilización de enfermeiras especialistas en Enfermaría Familiar e Comunitaria para a Atención Primaria de Galicia, dentro do marco do inminente concurso específico na categoría EFeC.
Dende a AGEFEC apostamos por un plan estruturado de carácter plurianual para a reconversión de prazas, facendo un diagnóstico da situación actual e propondo as medidas que consideramos máis apropiadas de cara ao avance e consolidación definitiva da especialidade.
A continuación, achegámosvos unha infografía resumo cas nosas principais propostas. No voso correo de socios/as dispodes de máis información, incluído un Resumo Executivo do documento.
Informarémosvos das novidades ao respecto.
A AGEFEC é necesaria, somos necesarios e necesarias.







Non están permitidos os comentarios.