Cargando

14 de febreiro. Aniversario da AGEFEC.

14 de febreiro. Aniversario da AGEFEC.

Hoxe conmemoramos o 19° aniversario da creación da Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria.

No ano 2007 iniciamos este camiño sendo poucos, pero cunha enorme ilusión e cun firme compromiso coa nosa profesión e coa saúde da cidadanía. Aquela semente, plantada con esforzo e convicción, medrou ata converterse nunha organización sólida que hoxe reúne a máis de 600 profesionais comprometidos coa excelencia, coa formación continua e coa defensa da Enfermaría Familiar e Comunitaria en Galicia.

Ao longo destes anos avanzamos xuntos/as, reforzando o noso carácter formativo e reivindicativo, promovendo espazos de encontro, coñecemento e colaboración. E este novo ano preséntase cheo de novidades: novas propostas formativas, o Congreso, iniciativas profesionais e proxectos que seguirán fortalecendo a nosa voz.

Seguimos mirando ao futuro con responsabilidade e entusiasmo, preparando xa os retos e as sorpresas que nos levarán a celebrar, o vindeiro ano, o noso 20 aniversario.

Grazas a todas as persoas que forman parte desta historia e que fan posible que a enfermaría familiar e comunitaria siga medrando, avanzando e coidando

A AGEFEC é necesaria. Somos necesarias e necesarios 💪💙.

Avatar

leticia.carral.otero@agefec.org

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios