OPE EFEC SERGAS. Que debes saber.
De cara ao inminente exame da OPE EFEC do SERGAS, achegámosvos os puntos claves da convocatoria, os cales podedes consultar con maior detalle na Resolución da mesma, para aquelas/es asociadas/os que vos sexa de interese.
Desde a AGEFEC, compartimos os sentimentos que vos poida xerar este proceso, que incluso en moitos casos supón unha pausa na vida e actividade persoal, e da que moitas/os compartimos, no presente ou no pasado, dita situación En relación a isto, e ao esforzo que esta preparación conleva, queremos por de manifesto o seguinte: toda OPE e adxudicación de prazas é benvida e celebrada pola AGEFEC, sen embargo, atopámonos cunha oferta insuficiente.
Conforme aos datos que manexamos, actualizados o pasado agosto, 362 EFEC (o 80.63%) inscritas/os en quenda libre atópanse en situación de eventualidade/temporalidade, ben con nomeamentos EFEC como con nomeamentos de enfermaría de coidados xerais. No caso da Promoción Interna, ditas cifras sitúanse no 25.21% (62 persoas), destacando tamén que o 29.27% (72 persoas) teñen praza fixa en Atención Primaria como enfermeiras/os de coidados xerais, e o 45.12% (111 persoas) do total teñen praza fixa en Atención Hospitalaria, a destacar de cara ao vindeiro concurso específico.
Na AGEFEC continuamos a traballar por todas e todos as/os EFEC de Galicia, e en breves traerémosvos novidades tales como a nova páxina web ou a apertura de inscricións para o IX Congreso da Asociación. Moito ánimo e sorte de cara ao proceso selectivo.
Máis que nunca, a AGEFEC é necesaria, somos necesarios e necesarias 💪 💙 .
#efec #efyc #sergas #ope #AGEFEC








Non están permitidos os comentarios.