Resposta dos socios e socias ao novo Borrador de Acordo sobre a incentivación e o exercicio da prestación de xornada complementaria voluntaria nos PACs
Como moitos e moitas xa saberedes, na recente Mesa Sectorial presentouse un novo borrador de Acordo sobre a Proposta de Acordo da mesa sectorial sobre a incentivación e o exercicio das opcións de prestación da xornada complementaria voluntaria nos Puntos de Atención Continuada (PACs).
Desde a AGEFEC, xa na presentación do primeiro borrador en decembro de 2025, presentáranse alegacións ás entidades sindicais, defendendo entre outros que se recoñecera que a enfermaría de AP tamén é unha categoría deficitaria, así coma unha igualdade en incentivos para toda a enfermaría, con descansos garantidos e reforzo na atención ordinaria.
Agora, coa nova proposta, consideramos que se exclúe totalmente a consideración da nosa categoría profesional.
Hoxe compartimos con vós uns documentos elaborados polos nosos asociados/as, que conxugan a visión que AGEFEC ten na nova proposta presentada por Consellería en febreiro de 2026. Animámosvos a consultados e, se o considerades oportuno, a presentar alegacións a título persoal.
Dispodes dos documentos, así como de máis información, no voso correo de socios/as.
A AGEFEC é necesaria, somos necesarios e necesarias 💪🏻💙
#agefec #efec #efyc #sergas








Non están permitidos os comentarios.