12 de abril. Día Internacional da Atención Primaria
Hoxe, 12 de abril, celebramos o Día Internacional da Atención Primaria, e dende AGEFEC quixemos voltar á base e centro da nosa profesión: o metaparadigma enfermeiro. Definido por Jacqueline Fawcett, establece os conceptos centrais e universais que guían a nosa práctica: persoa, saúde, entorno e coidados.
Estes catro piares son especialmente relevantes na Atención Primaria, onde a enfermaría familiar e comunitaria desenvolve unha mirada integral, próxima e continuada. A persoa é entendida no seu contexto vital, o entorno como parte activa da saúde, os coidados como ferramenta esencial, e a saúde como dereito e obxectivo compartido.
Neste día, reivindicamos unha Atención Primaria forte, accesible e centrada nas persoas, onde a enfermaría familiar e comunitaria, e os/as súas profesionais, teñan o espazo e recoñecemento que merecen. Porque coidar desde a proximidade é transformar a saúde desde a raíz, e coidar a quen coida tamén é invertir en saúde 💙💪🏻








Non están permitidos os comentarios.