Cargando

EIR 2026: Prazas EFEC e adxudicación

EIR 2026: Prazas EFEC e adxudicación

O vindeiro martes 21 de abril abrirase o prazo para a solicitude electrónica das prazas de Formación Sanitaria Especializada (FSE).

No referente á Enfermaría Familiar e Comunitaria, este ano ofértanse 45 prazas máis a nivel estatal, pasando de 919 a 964.

Nesta convocatoria, en Galicia ofértanse un total de 53 prazas para a especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria, as mesmas ca na convocatoria anterior.

Dende a AGEFEC queremos darlle a benvida aos/ás futuros/as residentes, convidándovos a unirse á nosa Asociación, gozando de vantaxes na cota anual por ser EIR, así como de desconto na cota de inscrición do noso inminente IX Congreso (podedes seguir todas as novidades do mesmo na conta de Instagram @congreso_agefec).

Para máis información podedes consultar a nosa páxina web, na cal tamén tedes dispoñible un formulario de contacto para achegarnos as vosas dúbidas e/ou aportacións: https://www.agefec.org/web/

A AGEFEC é necesaria, somos necesarios e necesarias 🩵💪🏻

Avatar

leticia.carral.otero@agefec.org

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios