Cargando

Achega a túa proposta formativa

Achega a túa proposta formativa

Para realizar a proposta formativa debes facilitar a seguinte documentación:

  1. Pertinencia da actividade (O contido do programa responderá a algún tipo de necesidade. Enumerar a continuación as necesidades formativas as que responde o contido da actividade (institucionais, profesionais, sociais). Debe indicarse como se detectaron estas necesidades (estudos, opinión dos profesionais, …). 
  2. Obxecto da actividade (Os obxectivos de formación explicitarán o que se pretende conseguir coa actividade: por unha banda, o obxectivo global (“Obxectivo xeral da actividade”), e por outro os obxectivos concretos que se pretenden conseguir no proceso de aprendizaxe dos participantes (“Obxectivos específicos da actividade”). 
    1. Obxectivo xeral
    2. Obxectivos específicos
  3. Metodoloxía docente (Describir a/s metodoloxía/s que se utilizarán e a súa relación cos obxectivos da actividade. Especificar a/s interacción/s entre os participantes e/ou entre estes e o profesorado.)
    1. Describir a/s metodoloxía/s e a súa relación cos obxectivos da actividade.
    2. Describir a acción titorial (vía de contacto, dispoñibilidade, tempo de resolución das consulta, etc.)
    3. Recursos complementarios dos que dispón o participante (recursos en liña, biblioteca, chat, test de autoavaliación, correo electrónico, foro de debate, videoconferencia
  4. Avaliación (Explicar o/s tipo/s e proba/s de avaliación/s da actividade que están programadas, por exemplo: avaliación de satisfacción da actividade, avaliación de satisfacción dos relatores, avaliación de coñecementos, avaliación de nivel competencial, avaliación de transferencia,… (Achegar modelo/s e indicar, se é o caso, o requirimento mínimo esixido para a súa superación). 
  5. Organización e loxística
    1. Unidade temática, obxectivos, contido, tempo estimado de dedicación, e material docente e de apoio (actividades que vaia a realizar o alumno, co seguinte formato): Unidade temática, Tempo de dedicación: 
      • Obxectivos: 
      • Contido
      • Material docente e de apoio
    2. Tempo máximo previsto para que o participante complete a actividade (días, semanas, meses).
    3. Recursos Humanos: 
      • Profesorado e cualificación profesional
      • Titores e cualificación profesional
      • Descrición do material docente. Relación e formato (papel, CD, DVD, internet…).
  6. Material formativo: Documentación escrita (word, PDF, power point)
    1. Documentación gráfica (imaxes, infografías, vídeos…)
    2. Referencias de documentación web
    3. Bibliografía (pode ir referenciada e incluída na documentación escrita)
  7. CV docentes

Deberás envialo a secretariatecnica@agefec.org e será avaliado polo Comité de Formación Continuada.

agefec

agefec

Agefec é necesaria.
Somos necesarios