Cargando

III Xornada científica da Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria

III Xornada científica da Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria

Ana Isabel Calvo Pérez
Presidenta do Comité Organizador

Estimados compañeiros, de novo é para todos os organizadores das III Xornadas da AGEFEC una honra poder invitarvos a participar neste evento, así como presentarvos este programa científico, no que vimos a traballar coa mesma ilusión coa que empezamos a nosa andaína fai cinco anos.

Nesta ocasión reunirémonos baixo o lema “O futuro xa é presente” na milenaria cidade de Lugo, que nos acolle como perfecta anfitriona nun enclave que é xa un símbolo da modernidade de toda a sanidade galega, no Hospital Lucus Augusti.

Esta Xornada é una oportunidade para compartir, participar, reflexionar e profundizar en todos aqueles temas que son para a nosa profesión unha realidade.

Esta III Xornada pretende ser a cita de toda a enfermería galega , un punto de encontro para tódalas xeracións de enfermeir@s que teñen como obxetivo, actualizar, mellorar e innovar nos coidados dos nosos pacientes.

Estamos convencidos da enorme potencialidade de AGEFEC para contribuir a mellorar a sanidade e queremos que este evento se convirta nunha gran festa para reforzar os lazos que aumenten a nosa capacidade resolutiva.

Apuntemos pois esta data nas nosas axendas , participemos nos debates das mesas, e na nosa Asamblea extraordinaria, presentemos comunicacións, e colaboremos a difundir esta convocatoria no noso entorno. Só co traballo de todos e cada un chegareremos ao futuro dende o noso presente.

Ana Calvo.

Presidenta do Comité Organziador

Agefec

Agefec

Agefec é necesaria.
Somos necesarios