Como moitos e moitas xa saberedes, na recente Mesa Sectorial presentouse un novo borrador de Acordo sobre a Proposta de Acordo da mesa sectorial sobre a incentivación e o exercicio das opcións de prestación da xornada complementaria voluntaria nos Puntos de Atención Continuada (PACs). Desde a AGEFEC, xa na presentación do primeiro borrador en decembro […]
Para calquera dúbida sobre este ou outros temas relacionados ca especialidade, dispodes do formulario de contacto da nosa páxina web: https://www.agefec.org/web/contacto/ . A AGEFEC é necesaria, somos necesarios e necesarias 💪 💙
📩 Dispodes de máis información no voso correo de socios/as. Así mesmo tamén vos queremos trasladar que só se están a considerar as persoas que a día de hoxe teñen a titulación da Especialidade recollida no expediente electrónico (FIDES), co cal no momento en que se publique a convocatoria, aquelas que non o teñan non […]
Como proposta formativa de final de ano e mellor comezo do seguinte, abrimos unha nova, e derradeira, convocatoria dos cursos Medicarama ofertados pola AGEFEC neste 2025. A data de inicio dos mesmos será do 22/01/26, e a data de fin do 28/02/2026. Os 4 cursos que se ofertan son os seguintes: A data de fin […]
Dispodes de toda a información ao respecto no voso correo de socios/as. A AGEFEC é necesaria, somos necesarios e necesarias.
A enfermaría de familia: clave no uso responsable dos antibióticos⚠️ A resistencia antimicrobiana é un problema global.A enfermaría de familia está en primeira liña para frear as resistencias:✨ Educación sanitaria á poboación.✨ Seguimento de tratamentos.✨ Comunicación accesible e próxima coas familias Antibióticos #EnfermaríaComunitaria #EFEC #AGEFEC
Hoxe traémosvos unha nova minipílula informativa do noso Grupo de Coidados Paliativos. Desta volta, fálannos sobre o Documento de Instrucións Previas ou DIP, ao cal podemos acceder dende IANUS (se o/a paciente dispón del). Desexamos que sexa do voso interese. A AGEFEC é necesaria, somos necesarios e necesarias.
O pasado luns 29 de setembro comezou a Campaña de Vacinación fronte á Gripe e a Covid-19, iniciándose polas persoas institucionalizadas en residencias de maiores e centros de discapacidade e traballadores/as destas institucións. A partir da vindeira semana, levarase a cabo a vacinación, dende os centros de saúde, tanto da poboación pediátrica como das persoas […]
Dende a AGEFEC temos o pracer de convidarvos á Xornada de Prevención do Ictus, froito da colaboración entre nosa Asociación e a Asociación de Dano Cerebral Galicia. Nela presentaremos o folleto ‘Cóidate. Desmontando mitos para a prevención do ictus’ e a ‘Axenda da prevención do ictus’. Agardámosvos a todos e todas o vindeiro mércores 29 de outubro no […]
Tras o descanso estival, dende a AGEFEC voltamos traéndovos unha nova infografía dos nosos Grupos de Traballo. Desta vez, o Grupo de Saúde Pública e Inmunoprevenibles achéganos información actualizada sobre a infección gonocócica, de actualidade tanto polo aumento dos casos como polos cambios respecto á inmunización fronte a mesma na nosa Comunidade Autónoma. Esperando que […]






