Cargando

Coidados paliativos

Documento de Instrucións Previas ou DIP📝

Hoxe traémosvos unha nova minipílula informativa do noso Grupo de Coidados Paliativos. Desta volta, fálannos sobre o Documento de Instrucións Previas ou DIP, ao cal podemos acceder dende IANUS (se o/a paciente dispón del). Desexamos que sexa do voso interese. A AGEFEC é necesaria, somos necesarios e necesarias.

💭 Sabes o que son os coidados paliativos?

Hoxe achegámosvos unha mini pílula informativa elaborada polo noso Grupo de Traballo de beneficios Paliativos. Nela, fannos unha breve definición destes coidados, así como dos seus beneficios tanto para o/a paciente coma para o seu entrono. Ao ano, unhas 40 millóns de persoas precisan coidados paliativos a nivel mundial, aínda que só o 12% os […]

Presentación Grupos de Traballo

Benvidos/as aos Grupos de Traballo de AGEFEC! Se es unha persoa apaixonada pola enfermaría familiar e comunitaria, este é o lugar perfecto para ti. Os Grupos de Traballo son a columna vertebral da nosa Asociación, deseñados para fomentar a investigación, o desenvolvemento profesional continuo e a mellora de competencias no ámbito da Atención Primaria. Queres […]

Infografía “Comunicación de malas novas”

A comunicación efectiva entre os profesionais sanitarios e os pacientes, especialmente en situacións de coidados paliativos é fundamental para garantir un acompañamento humanizado e centrado nas necesidades da persoa enferma e a súa familia. Este proceso, que vai máis aló da simple transmisión de información, implica recoñecer as emocións, responder con empatía e deseñar un […]

Infografía “Planificación Compartida da Atención”

O grupo de traballo de coidados paliativos de AGEFEC presenta unha nova infografía sobre a planificación compartida da atención (PCA). A PCA é un proceso comunicativo que facilita a reflexión e a comprensión da vivencia da enfermidade e os coidados das persoas implicadas, que se centra na persoa e busca identificar e expresar os seus […]

Infografía “Identificación de Necesidades Paliativas en Atención Primaria”

O grupo de traballo de coidados paliativos de AGEFEC presenta a primeira infografía, en versión bilingüe, sobre a identificación das necesidades paliativas en pacientes adultos. Dende AGEFEC apoiamos que a enfermeira familiar e comunitaria pode e debe liderar a atención paliativa en domicilio e ter unha visión integral da persoa e do seu entorno e […]

Día mundial dos coidados paliativos

Actualmente só unha de cada 10 persoas que precisan coidados paliativos non mundo, isto é, atención sanitaria para aliviar a dor, os síntomas e o estrés causados por enfermidades graves, recibe esa atención. Calcúlase que todos os anos máis de 20 millóns de pacientes necesitan coidados paliativos ao final da vida, dos cales preto dun […]

Agefec é necesaria.
Somos necesarios