Cargando

Conmemoración

31 de marzo. Día Mundial Contra o Cancro de Colon.

Hoxe, 31 de marzo, conmemórase o Día Mundial contra o Cancro de Colon, o tumor máis frecuente en Galicia e o segundo en mortalidade, cunha taxa de incidencia de 90,4 casos por 100.000 homes e 74,2 por 100.000 mulleres en 2022, e máis de 1.100 mortes anuais (datos da Consellería de Sanidade a xaneiro de […]

8 de marzo. Día Internacional da Muller.

Hoxe, 8 de marzo, celébrase o Día Internacional da Muller. Dende a AGEFEC consideramos que é unha boa data para lembrar que os coidados —eses que sosteñen a saúde das persoas e das comunidades— teñen nome maioritariamente de muller. A nivel global, máis do 80 % dos/as profesionais de enfermaría son mulleres, e ao longo […]

14 de febreiro. Aniversario da AGEFEC.

Hoxe conmemoramos o 19° aniversario da creación da Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria. No ano 2007 iniciamos este camiño sendo poucos, pero cunha enorme ilusión e cun firme compromiso coa nosa profesión e coa saúde da cidadanía. Aquela semente, plantada con esforzo e convicción, medrou ata converterse nunha organización sólida que hoxe reúne […]

Xa somos 1.000 seguidores/as en Instagram

🥳 Dende a AGEFEC estamos de noraboa. Onte, Día Mundial da Enfermaría Familiar e Comunitaria, acadamos os 1.000 seguidores/as na nosa conta de Instagram! Queremos darvos as grazas a todos/as, tanto a quenes nos seguides dende os nosos inicios como aos últimos/as en incorporarvos. Desexamos seguir crecendo convosco para continuar axudando a medrar tanto á […]

26 de novembro. Día Mundial da Enfermaría Familiar e Comunitaria.

Hoxe é un día para celebrar, pero tamén para facer ruído.As enfermeiras de familiar e comunitaria somos moito máis que un elo do sistema sanitario: somos a súa base. Estamos preto das persoas, acompañando, educando, coidando e defendendo a saúde nas casas, nos centros de saúde e nas comunidades.Somos as profesionais que coñecemos os nomes, […]

18 de novembro. Día Europeo para o Uso Prudente dos Antibióticos.

A enfermaría de familia: clave no uso responsable dos antibióticos⚠️ A resistencia antimicrobiana é un problema global.A enfermaría de familia está en primeira liña para frear as resistencias:✨ Educación sanitaria á poboación.✨ Seguimento de tratamentos.✨ Comunicación accesible e próxima coas familias Antibióticos #EnfermaríaComunitaria #EFEC #AGEFEC

Semana Mundial Sen Fume 2018

O día 31 de Maio do 2018, conmemórase o Día Mundial Sen Tabaco, dende a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC) queremos remarcar o risco que supón o hábito tabáquico para a saúde pública e outros ámbitos. O tabaco mata cada ano a máis de 7 millóns de persoas, das que máis de […]

AGEFEC celebra os seus 10 anos

O pasado venres 21 de marzo, conmemorando a data das primeiras xornadas da Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC) no ano 2007, celebrouse unha xornada para conmemorar esta primeira década de soños, ilusións, traballo e obxectivos acadados. Que en palabras de Manuel Vidal Fernández Fernández, socio fundador e ex-Presidente da AGEFEC, “cando se […]

AGEFEC participou nas diferentes xornadas e conmemoracións do día da Enfermaría

Tanto as socias e socios como os membros da directiva acudiron e participaron nas diferentes xornadas, actos e conmemoracións polo Día Internacional da Enfermaría. O mércores 11 de maio, arrincaron as XI Xornadas de Enfermaría de Ourense, que levaron como lema “Liderando coidados para adaptarse ás novas realidades sociais”. A elas acudiu unha ampla representación […]

21 de setembro: día mundial do Alzheimer

A enfermidade de Alzheimer é o tipo de demencia máis común, representando ó redor do 75% das demencias. A prevaleza atópase entorno ó 5-10% nas persoas maiores de 65 anos. Estímase que en España hai 809.356 persoas con Alzheimer, das cales 62.948 residen en Galicia. Si temos en conta que a enfermidade afecta a quen […]

Agefec é necesaria.
Somos necesarios