Dispodes de toda a información ao respecto no voso correo de socios/as. A AGEFEC é necesaria, somos necesarios e necesarias.
Hoxe é un día para celebrar, pero tamén para facer ruído.As enfermeiras de familiar e comunitaria somos moito máis que un elo do sistema sanitario: somos a súa base. Estamos preto das persoas, acompañando, educando, coidando e defendendo a saúde nas casas, nos centros de saúde e nas comunidades.Somos as profesionais que coñecemos os nomes, […]
Prezadas/os compañeiras/os: O pasado venres 31/10 os sindicatos con representación en mesa sectorial de Galicia emitían un comunicado conxunto de convocatoria de folga de Atención Primaria para o vindeiro 26 de novembro, e no que se fai mención expresa á especialidade de enfermaría familiar e comunitaria. Aínda que o puntos clave da AGEFEC xa foron […]
Hoxe traémosvos unha nova minipílula informativa do noso Grupo de Coidados Paliativos. Desta volta, fálannos sobre o Documento de Instrucións Previas ou DIP, ao cal podemos acceder dende IANUS (se o/a paciente dispón del). Desexamos que sexa do voso interese. A AGEFEC é necesaria, somos necesarios e necesarias.
Hoxe achegámosvos unha mini pílula informativa elaborada polo noso Grupo de Traballo de beneficios Paliativos. Nela, fannos unha breve definición destes coidados, así como dos seus beneficios tanto para o/a paciente coma para o seu entrono. Ao ano, unhas 40 millóns de persoas precisan coidados paliativos a nivel mundial, aínda que só o 12% os […]
Grazas ás informacións que os socios e socias nos facedes chegar, temos constancia de que dende algunhas Áreas Sanitarias téñense posto obxeccións ao proceso de reconversión de prazas de Enfermaría de Coidados Xerais de AP á categoría de EFeC cando, estando ocupadas por enfermeiras que realizaban a coordinación do Servizo, quedan vacantes. Dende a AGEFEC […]
Dende a AGEFEC comprácenos informarvos do I Encontro de Medicina e Enfermería de Familia e Comunitaria, que terá lugar os vindeiros días 30 e 31 de Maio en Sanxenxo (Pontevedra). O mesmo está organizado coa colaboración de AGEFEC e de SEMG Galicia (Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia), porque cremos nunha Atención Primaria […]
Hoxe, 14 de febreiro, a AGEFEC está de aniversario, celebramos 18 anos. Desde a Asociación queremos darlle as grazas a todos e todas os que fixeron posible chegar ata aquí. Porén, deixámosvos unhas breves palabras de parte da nosa actual Presidenta, Belén González Martínez: “Parabéns a AGEFEC polo seu aniversario, xa que supón unha celebración […]
O 26 de novembro celébrase, dende o ano 2022, o Día Internacional da Enfermaría Comunitaria, unha data especial para recoñecer e visibilizar o labor fundamental que realizamos as enfermeiras comunitarias no coidado e a promoción da saúde da poboación. Este ano, en AGEFEC, queremos conmemorar este día coa campaña ‘A túa enfermeira comunitaria, sempre ao […]






