As sociedades científicas enfermeiras do Estado español veñen de enviar unha carta este 26 de xullo á Ministra de Sanidade do Goberno español, rexeitan o novo cronograma do Ministerio de Sanidade en relación a realización da vía extraordinaria e ao desenvolvemento das especialidades. Para elo solicitan unha reunión coa Ministra. Preme aquí pra ver a […]
Este martes 4 de xullo, o Diario Oficial de Galicia publica a RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se inicia o prazo para a inscrición de aspirantes á formalización de nomeamentos estatutarios temporais de enfermeiro/a especialista en enfermaría familiar e comunitaria no ámbito das institucións sanitarias […]
Un ano máis, o Grupo de Promoción da Especialidade da AGEFEC, retoma a súa campaña informativa nas facultades de Enfermaría de Galicia co obxectivo de dar a coñecer a nosa especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria, así como o seu programa formativo. Nestas sesións trátanse diversos aspectos relacionados coa formación especializada, como foron o […]
Os Presidentes da FAECAP (a cal pertence a AGEFEC) máis o Presidente da Asociación de Enfermería Comunitaria reuníronse en Madrid co Director Xeral de Ordenación Profesional do Ministerio de Sanidade.
O 27 de abril de 2017 o Presidente da AGEFEC, D. Francisco J. Represas Carrera, xunto ao noso socio asesor de Atención Domiciliaria da AGEFEC D. Manuel-Vidal Fernández Fernández participaron como relatores na XXII Xornada da Escola de Enfermaría de Lugo que se celebrou no Salón de Actos do Hospital Universitario Lucus Augusti baixo o […]
A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC) compareceu conxuntamente cos sindicatos CIG, CCOO, CSIF e UXT para solicitar ao SERGAS a apertura inmediata dos listados de selección temporal dos Enfermeiros Especialistas en Familiar e Comunitaria e a operatividade das mesmas para este 2017. Ante a situación desoladora e de extrema gravidade na que […]
Nunha carta dirixida ao Conselleiro de Sanidade, mostran o “máis profundo desacordo” en relación á provisión de prazas vacantes de Enfermaría Familiar e Comunitaria nos Centros de Atención Primaria. A carta nace como reacción ao profundo malestar no colectivo de Atención Primaria ante o bloqueo e a nula posta en valor dos Enfermeiros Especialistas en […]
A comisión 5ª de Sanidade, acordou por unanimidade de tódolos grupos parlamentarios emprazar a Xunta de Galicia pra dotar os cadros de persoal do SERGAS con Enfermeiros/as Especialistas en Familiar e Comunitaria. Os Grupos Parlamentarios do Parlamento de Galicia (PP, En Marea, PSdeG e BNG) acordaron por unanimidade pedir a Xunta de Galicia que cree […]
O pasado xoves 19 de xaneiro do 2017, no marco de contacto con tódolos grupos do Parlamento de Galicia, representantes da Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC), mantiveron un encontro coa Portavoz de Sanidade de En Marea no Parlamento de Galicia, a Vicepresidente 2ª do Parlamento Eva Solla. Pola parte de AGEFEC acudiron […]
AGEFEC participará no desenvolvemento do “Plan Galego de Atención á Cronicidade” que o SERGAS comezará a elaborar de forma inmediata, o cal representa para a nosa Sociedade Científica unha absoluta prioridade. Tal é como se recolle no noso plan de mellora dos coidados enfermeiros na Atención Primaria. A persoa designada pola Xunta Directiva da AGEFEC para representar […]