Cargando

Especialidade en Enfermaría Familiar e Comunitaria

Os enfermeiros especialistas de Galicia reclaman conxuntamente a súa inserción laboral con máis prazas de especialista no SERGAS

Representantes das Sociedades Científicas Enfermeiras que representan aos especialistas de Familia e Comunitaria, Pediatría e Saúde Mental asinaron unha carta dirixida ao Conselleiro de Sanidade e outra a Directora Xeral de Recursos Humanos na que reclaman a inserción laboral e o incremento de prazas de Enfermeiras Especialistas no Servizo Galego de Saúde. As catro Sociedades […]

AGEFEC reúnese co Director de Docencia do SERGAS

O día 18 de outubro o Presidente da AGEFEC, Francisco J. Represas, e a Tesoureira da AGEFEC Silvia M. Pazos, reuníronse na sede da Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) con Rodrigo Gómez Ruiz, Director da Área de Xestión do Coñecemento e o Talento. Neste encontro os representantes da AGEFEC analizaron xunto ao Director de […]

Sanidade ignora a formación e as competencias para a cobertura temporal de persoal enfermeiro en Saúde Pública.

Este luns 3 de outubro, publicabase no DOG a RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se regula o procedemento de cobertura temporal de postos de persoal funcionario sanitario da escala de saúde publica e administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro). Nesta resolución a Dirección […]

Oferta de prazas EIR de Enfermaría Familiar e Comunitaria en Galicia no 2017

O pasado 13 de Setembro publicouse no BOE a Orde SSI/1461/2016, do 6 de setembro, pola que se convocan as probas selectivas 2016 para o acceso no ano 2017 ás prazas de formación sanitaria especializada. A data de realización do exame será o vindeiro 28 de xaneiro de 2017, a duración da proba será de […]

AGEFEC logra que o SERGAS cree a categoría estatutaria de Enfermeiro especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria

 A través do Decreto 81/2016, do 23 de xuño, polo que se crea no ámbito do Servizo Galego de Saúde a categoría estatutaria de persoal enfermeiro especialista, publicado este xoves día 14 de xullo de 2016, a Administración galega recoñece aos Enfermeiros/as especialistas en Enfermaría Familiar e Comunitaria. Dende a Asociación Galega de Enfermaría Familiar […]

NOVO MANUAL SOBRE A ABORDAXE INTEGRAL DO ALCOHOL EN ATENCIÓN PRIMARIA

O 17 de Xuño do 2016 tivo lugar en Cartaxena a Xornada Nacional sobre Alcohol na Atención Primaria organizada por SOCIDROGALCOHOL na que colaborou a “Federación de Asociacións de Enfermería Comunitaria e Atención Primaria” (FAECAP) á que AGEFEC pertence. Nesta xornada presentouse o “manual de consenso sobre alcohol en atención primaria”, que podes descargar libremente […]

AGEFEC segue promocionando a especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria nas universidades

Un ano máis, o Grupo de Promoción da Especialidade da AGEFEC, retoma a súa campaña informativa nas facultades de Enfermaría de Galicia co obxectivo de dar a coñecer a nosa especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria, así como o seu programa formativo. Nas sesións realizadas durante o mes de maio tratáronse diversos aspectos relacionados coa […]

AGEFEC reúnese con Ciudadanos

Este luns 2 de Maio, unha delegación de AGEFEC encabezada polo seu Presidente, Francisco J. Represas  e pola Tesoureira Silvia M. Pazos reuníronse coas representantes de Ciudadanos, María Viñas Liñares Coordinadora da Agrupación de Santiago de Compostela e Dolores Pazos González, responsable de cidadanía. O encontro encádrase dentro das reunións que este partido está a […]

VÍA EXTRAORDINARIA EFeC: Aviso de actualización de datos

 Comunícannos dende a Xefatura do Servizo de Enfermaría da Subdirección Xeral de Títulos e Recoñecemento de Calificacións do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte que se require da actualización dos datos das Enfermeiras/os que solicitaron o acceso ao título de especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria a través da vía extraordinaria, coa fin de axilizar […]

O Consello da Xunta enviou ao Consello Consultivo o Proxecto de Decreto de Enfermeiro/a Especialista

Este xoves, 28 de abril, o Consello da Xunta aprobou o texto do Proxecto de Decreto que ten por obxecto a creación da categoría estatutaria de enfermeiro especialista para os efectos do seu sometemento ao ditame do Consello Consultivo. Comezan así os últimos pasos para que o proceso de creación da categoría estatutaria de enfermeiro/a […]

1 2 3 4 5 6 10

Agefec é necesaria.
Somos necesarios