Cargando

Especialidade en Enfermaría Familiar e Comunitaria

A Mesa Sectorial acorda por unanimidade a creación da categoría de Enfermeiro/a Especialista de Familia e Comunitaria

A Mesa Sectorial celebrada este venres 12 de Febreiro puxo solución a unha demanda que leva tras de si anos de traballo. O Proxecto de Decreto deberá ser aprobado polo Consello da Xunta e publicado no DOG para entrada en vigor. O 14 de Xaneiro do 2014 a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria […]

AGEFEC reúnese co Subdirector Xeral de Investigación, Docencia e Innovación do SERGAS.

O Presidente da Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC), D. Francisco Jesús Represas Carrera, e o Vicepresidente 1º, D. Álvaro Carrera García, reuníronse o pasado 18 de xaneiro con D. Luis Ángel León Mateos, Subdirector Xeral de Investigación, Docencia e Innovación do Servizo Galego de Saúde (SERGAS) , e con Dª. Rosa María […]

Carta conxunta ao Presidente da Xunta da AGEFEC, AGaEP, Consello Galego de Enfermaría e Academia de Enfermaría de Galicia

As Asociacións Galegas de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC) e Enfermaría Pediátrica (AGaEP) xunto ao Consello Galego de Enfermaría e a Academia de Enfermería de Galicia remitiron varias cartas ao Presidente Alberto Núñez Feijoo, ao Conselleiro de Sanidade, Xerente do SERGAS e a Directora Xeral de Recursos Humanos. As Sociedades Científicas que representan aos Enfermeiros/as […]

Conclusións do I Encontro de Titores de Enfermaría Familiar e Comunitaria de Galicia

Xa podes ver no documento anexo as conclusións do I Encontro de Titores de Enfermaría Familiar e Comunitaria de Galicia celebrado en Ferrol o pasado 26 de Novembro. Conclusions I Encontro Titores EFeC. AGEFEC 2015  

AGEFEC reúnese coa Portavoz de Sanidade do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

O pasado xoves 3 de decembro, reuníronse en Santiago a portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, e o Presidente da asociación Galega de Enfermería Familiar e Comunitaria nunha reunión solicitada por este último a tódolos grupos parlamentarios para tratar o atraso inxustificado na publicación do Decreto que creará a categoría de Enfermeiro Especialista. […]

AGEFEC reúnese co Conselleiro de Sanidade

Ao encontro asistiron o Conselleiro, a Directora Xeral de Recursos Humanos, o Presidente e os Vicepresidentes da AGEFEC. A reunión xirou en torno a proposta de mellora dos coidados enfermeiros na Atención Primaria que elaborou AGEFEC. A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria foi a primeira Sociedade Científica en ser recibida polo novo Conselleiro […]

I Encontro de Titores de Enfermaría Familiar e Comunitaria (actualizado)

A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria, dende a súa fundación tivo clara que a aposta pola especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria era vital. Xa coa terceira promoción de especialistas a piques de saír das nosas unidades docentes e coa ampliación de prazas formativas en Galicia, consideramos que adquirida xa unha importante experiencia […]

Proposta para a mellora dos Coidados Enfermeiros na Atención Primaria

O pasado 15 de Setembro, a Xunta Directiva da Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria aprobou o documento de posicionamento “Proposta para a mellora dos Coidados Enfermeiros na Atención Primaria” despois de seren recollidas e valoradas as múltiples aportacións dos nosos socios. O documento que recolle 10 puntos chave, fai mención da aposta da […]

As prazas de formación para especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria seguen medrando en Galicia

Coa publicación de hoxe no Boletín Oficial do Estado da convocatoria das probas selectivas 2015 para acceso no 2016, ás prazas de Formación Sanitaria Especializada, dáse a coñecer as prazas que ofertará cada unidade docente, quedando do seguinte xeito: Unidade Docente Prazas no ano 2015 Prazas no ano 2016 Variación A Coruña 5 6 +1 […]

Xornada sobre a libre elección enfermeira organizada por ANDE

Santiago de Compostela, 30 de xuño do 2015 Unha delegación da AGEFEC, encabezada polo seu Presidente, Francisco J. Represas, participou na mesa de debate central da xornada. A xornada que levaba como título “Libre elección de enfermeira: un reto” foi organizada pola Asociación Nacional de Directivos de Enfermería dende a súa vogalía galega que recaía […]

1 3 4 5 6 7 10

Agefec é necesaria.
Somos necesarios