Cargando

Novas sobre sanidade

Informe Resultados Enquisa AGEFEC

Queremos compartir con vós os resultados máis relevantes da enquisa que lanzamos no mes de setembro de 2024. A vosa participación foi fundamental para identificar os puntos clave nos que debemos centrar os nosos esforzos. Agradecemos a implicación e agardamos que este informe sirva para fortalecer aínda máis a nosa comunidade, seguir mellorando AGEFEC e […]

Infografía “Comunicación de malas novas”

A comunicación efectiva entre os profesionais sanitarios e os pacientes, especialmente en situacións de coidados paliativos é fundamental para garantir un acompañamento humanizado e centrado nas necesidades da persoa enferma e a súa familia. Este proceso, que vai máis aló da simple transmisión de información, implica recoñecer as emocións, responder con empatía e deseñar un […]

Ampliado o prazo de presentación de envío de comunicacións ó VIII Congreso AGEFEC

Aínda estás a tempo de enviar a túa comunicación ó VIII Congreso AGEFEC. Ampliamos o prazo de envío de traballos ata o 8 de outubro. Lembra que tes tamén ata ese día para beneficiarte do prazo de inscrición reducida. Toda a información en www.congresoagefec.com Agardámoste!

Presentadas aportacións ó borrador para a renovación do Código Deontolóxico da Enfermaría española

O Consello Xeral de Enfermaría iniciou un periodo de consulta pública, canalizado a través dos Colexios Provinciais de Enfermaría, para a presentación de aportacións e modificacións ó BORRADOR para a renovación do Código Ético e Deontolóxico da Enfermaría española, elaborado pola Comisión Deontolóxica Nacional de Enfermería. AGEFEC presentou unha proposta de modificacións a dito borrador en colaboración […]

AGEFEC REÚNESE COA CIG PARA TRASLADAR INFORMACIÓN DA SITUACIÓN ACTUAL DOS ESPECIALISTAS EFeC DE GALICIA

A comitiva encabezada pola Presidenta da AGEFEC Belén González, o Vogal de Formación Continuada Damián Rodríguez e o asesor externo da Xunta Directiva Álvaro Carrera, reuníronse cos representantes da CIG, o Secretario Nacional Manuel Moreira e a Secretaria de Organización Ana Lestón.  Os membros da AGEFEC, trasladaron a negra realidade dos datos á representación sindical, […]

Aberta Enquisa AGEFEC

Es parte activa en AGEFEC! Temos aberta unha equisa para comprender as necesidades e desafíos na enfermaría familiar e comunitaria, avaliar o grao de implicación nos futuros Grupos de traballo, medir o nivel de satisfacción coa asociación e identificar áreas de mellora. A túa participación é importante. Consulta AQUÍ toda a información.

Congreso AGEFEC: envío de comunicacións ata o 30 de setembro

Dende o Comité Científico do VIII Congreso AGEFEC lembrámosvos que o prazo para a presentación de traballos ao mesmo finaliza o próximo 30 de setembro. Os resumos presentados deben corresponderse con traballos de investigación, relacionados coa enfermería familiar e comunitaria, que empreguen metodoloxía cuantitativa, cualitativa ou mixta. Estes resumos non deberán incluír información e/ou datos […]

Sorteo libro “Enfermeras Invisibles”

Con motivo da celebración do noso VIII Congreso, sorteamos un libro “Enfermeras Invisibles” de Olga Navarro e Vanessa Ibáñez, con ilustracións de Irene Bofill. Que tes que facer para participar?

Reunión coa Dirección Xeral de Planificación e Reforma Sanitaria

O pasado luns 22 de xullo, asistimos a unha reunión coa Directora Xeral de Planificación e Reforma Sanitaria, Sofía López Linares.  A esta reunión, á que tamén estaba convocada a Dirección Xeral de Recursos Humanos, mais desculparon a súa asistencia, asistiron en representación da nosa sociedade, a presidenta, Belén González, e a vicepresidenta, Sara Blanco. […]

Reunión ca federación Dano Cerebral Galicia

O pasado martes día 16 de xullo, acudimos a unha reunión con Dano Cerebral Galicia, organización non gubernamental que defende os dereitos das persoas con dano cerebral adquirido e das súas familias en Galicia. Nesta xuntanza na sede da federación á que asistiron, por unha banda, o presidente de Dano Cerebral Galicia, Luciano Fernández, a […]

1 3 4 5 6 7 16

Agefec é necesaria.
Somos necesarios