Cargando

Novas sobre sanidade

Modificación dos baremos de mérito na categoría de enfermaría no SERGAS

O pasado 18 de Decembro de 2014 publicouse no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de concurso-oposición para o ingreso no Servizo Galego de Saúde na categoría de enfermeiro/a. A Asociación Galega de Enfermería Familiar e Comunitaria (AGEFEC) ven demandando á Consellería que os méritos baremables nos concursos de traslados non se limiten en exclusiva […]

Galicia posiciónase como a quinta comunidade autónoma con máis prazas ofertadas para formación de especialistas en Enfermaría Familiar e Comunitaria

Publicada no BOE de 17 de setembro de 2014, a Orde SSI/1674/2014 de 10 de setembro, pola que se aproba a oferta de prazas e a convocatoria de probas selectivas para o acceso no ano 2015, a prazas de formación sanitaria especializada. Tras esta nova convocatoria, Galicia situase como a cuarta Comunidade Autónoma con máis […]

A actual Ministra de Sanidade, D.ª Ana Mato, mostra o seu absoluto desinterese polo desenvolvemento da enfermaría familiar e comunitaria

FAECAP e AEC, firman un comunicado conxunto rexeitando na súa totalidade o cronograma proposto polo Ministerio de Sanidade para a creación, implantación e dotación de prazas das categorías de enfermeiras especialistas. LER MÁIS (Fonte: FAECAP)

A 1ª promoción de especialistas en EFeC de Galicia acaba de rematar a súa estadía formativa.

Hoxe é un día histórico para a enfermaría galega. A primeira promoción de especialistas en EFeC da nosa comunidade autónoma acaba de rematar a súa  estadía formativa. A continuación, podedes ler unha entrevista con Silvia Pazos Platas e Ignacio Couselo Fernández, ambos socios de AGEFEC e que levaron a cabo un intenso traballo ao longo destes […]

Acordo entre a Consellería de Sanidade, consello de colexios profesionais e o sindicato SATSE en Castela e León.

Aquí podes consultar o acordo entre a Consellería de Sanidade da Junta de Castilla y León, o consello de colexios profesionais de Diplomados en Enfermaría de Castela e León e o sindicato de enfermaría SATSE. Neste acordo entre outros temas,  promóvose o desenvolvemento das especialidades en Castela e León.  

A AGEFEC reúnese coa Directora Xeral de Recursos Humanos do SERGAS e demanda a creación da categoría de Enfermaría Familiar e Comunitaria

Unha delegación da Xunta Directiva de AGEFEC encabezada polo presidente Manuel Vidal Fernández Fernández, a vogal de EIRs Lorena Comesaña Diego, e o  EIR Francisco Jesús Represas Carrera, foi recibida pola Directora Xeral de RR.HH o pasado día 13 de marzo nas dependencias do Servizo Galego de Saúde. Froito dun intenso traballo levado a cabo […]

Dende a “Asociación Galega de Enfermaría Familia e Comunitaria” (AGEFEC) lembramos que o 14 de marzo celebrase o día Europeo para a prevención do risco cardiovascular

Os profesionais de enfermaría de atención primaria xogan un papel crucial na prevención das enfermidades cardiovasculares. ➢ A enfermidade cardiovascular é a principal causa de morte no noso país, por enriba do cancro (19%) , enfermidades respiratorias ( 15,6 %) e as infecciosas (4 %). ➢ Deixar de fumar é o medio máis eficaz para […]

A AGEFEC solicita que o tempo traballado como EIR se teña en conta a tódolos efectos como tempo traballado no Servizo Galego de Saúde.

Estimado socio/a:   O pasado día 30 de xaneiro saiu publicada a baremación provisional do proceso de actualización das listas de selección temporal da categoría de enfermeiro/a, e dado que non hai unidade criterio das distintas Comisións de Valoración a hora de valorar o tempo de traballo dos especialistas en formación como traballo efectivo nos […]

Libre elección de enfermera nos centros de saúde de Galicia

No DOGA do día 3 de xaneiro de 2014, saíu publicada a “Lei de garantías de prestacións sanitarias”. Dita Lei, recolle unha das demandas que AGEFEC lle transmitiu no seu momento á Conselleira de Sanidade Dna. Pilar Farjas e que lle volvemos a lembrar na reunión mantida con Dna. Rocío Mosquera a raíz do seu […]

A AGEFEC subscribe o “Manifiesto” que asinan conxuntamente numerosos Colexios de Enfermaría.

Estimado socio/a: Pola presente, infórmoche que a Asociación Galega de Enfermería de Familia e Comunitaria (AGEFEC), en consonancia co posicionamento de FAECAP subscribe o “Manifiesto”  que acaban de asinar os Colexios de Enfermaría de Alicante, Barcelona, Baleares, Castellón, Murcia, Pontevedra, Valencia, conxuntamente con el Consejo de Enfermería de la Comunidad Valenciana y la Conferencia Nacional […]

1 5 6 7 8

Agefec é necesaria.
Somos necesarios