Cargando

Servizo Galego de Saúde

A Libre Elección Enfermeira na Atención Primaria cumpre un ano en Galicia

Este sábado 20 de agosto, cómprese un ano da entrada en vigor deste dereito para os usuarios do Servizo Galego de Saúde. A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria considera que esta medida tivo un impacto positivo para os usuarios xa que agora poden escoller o profesional no que sintan maior confianza. Fai un […]

AGEFEC logra que o SERGAS cree a categoría estatutaria de Enfermeiro especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria

 A través do Decreto 81/2016, do 23 de xuño, polo que se crea no ámbito do Servizo Galego de Saúde a categoría estatutaria de persoal enfermeiro especialista, publicado este xoves día 14 de xullo de 2016, a Administración galega recoñece aos Enfermeiros/as especialistas en Enfermaría Familiar e Comunitaria. Dende a Asociación Galega de Enfermaría Familiar […]

A ESPECIALIDADE DE ENFERMARÍA FAMILIAR E COMUNITARIA INCLÚESE NO NOVO PACTO DE SELECCIÓN TEMPORAL DO SERGAS

Hoxe día 30 de xuño, publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG) a RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola  que  se  dispón  a  publicación  do  pacto  subscrito  pola  Administración sanitaria  coas  centrais  sindicais  CIG,  CESM-O ́MEGA,  CC.OO.,  UGT  e  CSIF, sobre selección de persoal estatutario temporal do […]

O SERGAS vai promocionar as actividades de titoría dos profesionais en materia de formación especializada do persoal sanitario no Servizo Público de Saúde

O Consello de Dirección do Servizo Galego de Saúde adoptou este acordo o 15 de xuño que será referente no impulso de medidas en procesos de mobilidade voluntaria e tamén para garantir espazo no seu tempo de traballo para tarefas administrativas. A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria, despois da experiencia de varias promocións […]

AGEFEC oponse a que se realicen coberturas na Atención Primaria con Enfermeiros de Atención Hospitalaria

A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC) considera que é unha mala práctica que as coberturas estivais na Atención Primaria se realicen con Enfermeiros do ámbito de coidados médico-cirúrxicos. Dende a creación das Estruturas Organizativas de Xestión Integrada (EOXIs), mediante a fusión das antigas Xerencias de Atención Primaria coas Xerencias de Atención Hospitalaria […]

AGEFEC reclama un modelo de Atención Domiciliaria máis preventivo e con máis recursos

A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria ven de remitir no día de hoxe varias cartas dirixidas a Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria do SERGAS reclamando un novo modelo de Atención Domiciliaria acorde a nova realidade asistencial. Nas misivas dirixidas a varios cargos da Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria, entre eles o seu titular, […]

AGEFEC participou nas diferentes xornadas e conmemoracións do día da Enfermaría

Tanto as socias e socios como os membros da directiva acudiron e participaron nas diferentes xornadas, actos e conmemoracións polo Día Internacional da Enfermaría. O mércores 11 de maio, arrincaron as XI Xornadas de Enfermaría de Ourense, que levaron como lema “Liderando coidados para adaptarse ás novas realidades sociais”. A elas acudiu unha ampla representación […]

AGEFEC reúnese con Ciudadanos

Este luns 2 de Maio, unha delegación de AGEFEC encabezada polo seu Presidente, Francisco J. Represas  e pola Tesoureira Silvia M. Pazos reuníronse coas representantes de Ciudadanos, María Viñas Liñares Coordinadora da Agrupación de Santiago de Compostela e Dolores Pazos González, responsable de cidadanía. O encontro encádrase dentro das reunións que este partido está a […]

O Consello da Xunta enviou ao Consello Consultivo o Proxecto de Decreto de Enfermeiro/a Especialista

Este xoves, 28 de abril, o Consello da Xunta aprobou o texto do Proxecto de Decreto que ten por obxecto a creación da categoría estatutaria de enfermeiro especialista para os efectos do seu sometemento ao ditame do Consello Consultivo. Comezan así os últimos pasos para que o proceso de creación da categoría estatutaria de enfermeiro/a […]

O SERGAS EMITE UNHA NOTA INFORMATIVA SOBRE O RD 954/2015 DE “PRESCRICIÓN ENFERMEIRA”

Este martes 1 de marzo, o Conselleiro de Sanidade emitiu unha nota informativa na que se resolven dúbidas en canto as actuacións de tódolos profesionais enfermeiros do Servizo Galego de Saúde a raíz da publicación do RD de “prescrición enfermeira”. As principais conclusións que se sacan do texto en relación a práctica diaria son: En relación a disposición […]

1 2 3 4 5 6 7

Agefec é necesaria.
Somos necesarios