Cargando

Servizo Galego de Saúde

AGEFEC reivindica o desenvolvemento das ambulancias “sanitarizadas”

Nunha carta dirixida ao Director Xerente da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia – 061, a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria solicita o desenvolvemento das Ambulancias de SVA con Enfermeiro/a, “Sanitarizadas”. Dende a AGEFEC destácase que “estes dispositivos son un recurso eficiente á hora de xestionar un situación de emerxencia. Enviar recursos medicalizados […]

Proposta para a mellora dos Coidados Enfermeiros na Atención Primaria

O pasado 15 de Setembro, a Xunta Directiva da Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria aprobou o documento de posicionamento “Proposta para a mellora dos Coidados Enfermeiros na Atención Primaria” despois de seren recollidas e valoradas as múltiples aportacións dos nosos socios. O documento que recolle 10 puntos chave, fai mención da aposta da […]

As prazas de formación para especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria seguen medrando en Galicia

Coa publicación de hoxe no Boletín Oficial do Estado da convocatoria das probas selectivas 2015 para acceso no 2016, ás prazas de Formación Sanitaria Especializada, dáse a coñecer as prazas que ofertará cada unidade docente, quedando do seguinte xeito: Unidade Docente Prazas no ano 2015 Prazas no ano 2016 Variación A Coruña 5 6 +1 […]

O SERGAS rexeita administrar a vacina antigripal nas Farmacias

Santiago de Compostela, 13 de Xullo do 2015 A Consellería rexeita a proposta dos farmacéuticos pontevedreses, que consistía en cobrar 9 euros por vacina administrada ao SERGAS. A reacción das Sociedades Científicas da Atención Primaria, Colexios de Enfermaría e o non do goberno central foron determinantes.   Fai uns meses, o Colexio de Farmacéuticos de […]

Reunión coa EOXI da Coruña sobre a inserción dos Enfermeiros de Familia e Comunitarios

Unha delegación da AGEFEC conformada por tres membros do grupo de traballo “Promoción da especialidade” mantivo unha reunión coa EOXI da Coruña o pasado 6 de Maio. Pola parte da EOXI acudiron o Director de Procesos de Enfermaría Alfredo Moreno e o Director de Recursos Humanos Manuel Gómez. En representación da AGEFEC o Vicepresidente 1º […]

O SERGAS creará no segundo semestre deste ano a categoría profesional de Enfermaría Familiar e Comunitaria

O pasado 8 de Maio celebrouse a Comisión 5ª de Sanidade no Parlamento de Galicia onde a Directora Xeral de RRHH do Sergas confirmou a mensaxe dada pola Conselleira de Sanidade na inauguración do “IX Congreso Nacional de Enfermaría Familiar e Comunitaria de FAECAP”. Dando así respostas ás preguntas realizadas pola voceira de Sanidade do PSG-PSOE, Carmen Acuña, en canto a cando procederá […]

A libre elección do persoal de enfermaría en Atención primaria xa é unha realidade

A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC) consegue, coa publicación do Decreto 55/2015, que o Servizo Galego de Saúde regule lexislativamente a libre elección de persoal de Enfermaría en Atención Primaria. Coa entrada en vigor deste Decreto recoñécese o  dereito de todos os usuarios a esta libre elección recollido na Lei 12/2013 sobre […]

13 de Abril celebración do “Día da Atención Primaria”

A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria súmase á FAECAP na celebración do Día da Atención Primaria. A FAECAP con motivo da celebración do “Día da Atención Primaria” fai un chamamento a tódalas institucións responsables para que aposten clara e decididamente pola mellora da calidade e da sustentabilidade dos servizos públicos de saúde. Ler […]

A comunicación “Propuesta de mejora en la formación del residente desde la experiencia comunitaria en bienestar social” galardoada co primeiro premio na I Reunión Nacional de Subcomisións Docentes de Enfermaría Familiar e Comunitaria.

Segundo o Diario de Ferrol, a comunicación que leva por título ” Propuesta de mejora en la formación del residente desde la experiencia comunitaria en bie-nestar social”  presentada por María Luisa Fraga Sampedro, presidenta da subcomisión ferrolana, é distinguida co primeiro premio á comunicación oral na I Reunión Nacional de Subcomisións Docentes de Enfermaría Familiar e Comunitaria, que […]

Reunión da AGEFEC coa EOXI de Ourense.

  Unha delegación da AGEFEC conformada por tres membros do grupo de traballo “Promoción da especialidade” mantivo unha reunión coa EOXI de Ourense Pola parte da EOXI acudiron a Directora e Subdirectora de Enfermaría, dona María Victoria Carral e dona Montserrat Souto. En representación da AGEFEC, Álvaro Carrera (R2 de EFeC), María González (Especialista en […]

1 3 4 5 6 7

Agefec é necesaria.
Somos necesarios