Cargando

Sistema público de saúde

EIR 2026: Prazas EFEC e adxudicación

O vindeiro martes 21 de abril abrirase o prazo para a solicitude electrónica das prazas de Formación Sanitaria Especializada (FSE). No referente á Enfermaría Familiar e Comunitaria, este ano ofértanse 45 prazas máis a nivel estatal, pasando de 919 a 964. Nesta convocatoria, en Galicia ofértanse un total de 53 prazas para a especialidade de […]

Resposta dos socios e socias ao novo Borrador de Acordo sobre a incentivación e o exercicio da prestación de xornada complementaria voluntaria nos PACs

Como moitos e moitas xa saberedes, na recente Mesa Sectorial presentouse un novo borrador de Acordo sobre a Proposta de Acordo da mesa sectorial sobre a incentivación e o exercicio das opcións de prestación da xornada complementaria voluntaria nos Puntos de Atención Continuada (PACs). Desde a AGEFEC, xa na presentación do primeiro borrador en decembro […]

Campaña Gripe 2018

O vindeiro día 22 de outubro arrinca a campaña de vacinación antigripal  que rematará o 28 de decembro. Dende a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria lembramos da importancia da vacinación nos grupos de risco (maiores de 60 anos, residentes en institucións pechadas, fogares de anciáns, centros de crónicos, mulleres embarazadas, nenos e adultos […]

AGEFEC avala a decisión de Sanidade por continuar apostando levar a cabo a campaña de vacinación antigripal dende Atención Primaria

Ante a noticia publicada o pasado día 10 de setembro no diario La Voz de Galicia Farmacéuticos gallegos insisten en poder vacunar y el Sergas lo descarta, a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC), ven de remitir este mesmo luns unha misiva dirixida ao Director Xeral de Saúde Pública no que avalan a […]

A Consellería de Sanidade regula a realización das vacinacións e o calendario de vacinacións do adulto.

Este martes 15 de maio, o Diario Oficial de Galicia publicou a ORDE do 11 de maio de 2018 pola que se regula a realización das vacinacións no sistema sanitario público de Galicia e se actualiza o calendario de vacinación de persoas adultas do Programa galego de vacinación.   Esta Orde consolida dous aspectos importantes […]

O SERGAS convocará por primeira vez prazas en OPE de Enfermeiro/a Especialista en Familiar e Comunitaria

Tal e como se deu a coñecer a través das redes sociais das organizacións sindicais da mesa sectorial e a través da propia Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde convocará 10 prazas de persoal estatutario Enfermeiro/a especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria. Este fito histórico, é froito dun duro e intenso traballo, continuado […]

Campaña Gripe 2017

  O vindeiro día 23 de outubro arrinca a campaña de vacinación antigripal  que rematará o 29 de decembro. Dende a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria lembramos da importancia da vacinación nos grupos de risco (maiores de 60 anos, residentes en institucións pechadas, fogares de anciáns, centros de crónicos, mulleres embarazadas, nenos e […]

AGEFEC valora positivamente o novo Plan de Prevención do Suicidio en Galicia

A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria participou como revisora externa deste plan, promovido pola Consellería de Sanidade, para reducir o número de suicidios e as súas secuelas en Galicia.   Este plan integral ten como obxectivo principal diminuír a incidencia e a prevalencia da conduta suicida en Galicia. Para acada-lo obxectivo o plan […]

Galicia contará co calendario de vacinación de adultos dende o 3 de xullo

Fonte: Venres epidemiolóxico Volume 6│número 12 │16 xuño 2017 As enfermidades previbles mediante vacinación son unha causa importante de morbi-mortalidade na idade adulta, polo que é necesario estender as políticas de vacinación aos adultos co fin de reforzar o impacto dos programas de vacinación infantil e tentar controlar esas infeccións. Neste sentido, o Consello do […]

Plan Galego de Atención á Cronicidade

AGEFEC participará no desenvolvemento do “Plan Galego de Atención á Cronicidade” que o SERGAS comezará a elaborar de forma inmediata, o cal representa para a nosa Sociedade Científica unha absoluta prioridade. Tal é como se recolle no noso plan de mellora dos coidados enfermeiros na Atención Primaria. A persoa designada pola Xunta Directiva da AGEFEC para representar […]

1 2 3 5

Agefec é necesaria.
Somos necesarios