Cargando

Sistema público de saúde

A administración pública aínda non recoñece a especialidade en Enfermaría Familiar e Comunitaria no seu mercado laboral

A AGEFEC secunda o escrito da FAECAP onde mostra o seu malestar pola falta de dilixencia da administración pública sanitaria ante a especialización en Enfermaría Familiar e Comunitaria no mercado laboral no sistema público de saúde. Ler o escrito da FAECAP “La definición de los puestos de trabajo para los especialistas en Enfermería Familiar y […]

AGEFEC REÚNESE CO PRESIDENTE DO COLEXIO DE ENFERMARÍA DE PONTEVEDRA.

O presidente e as vicepresidentas de AGEFEC reuníronse na sede de Vigo co Presidente do Colexio de Enfermaría de Pontevedra, D. Carlos Fernández Gómez, completando así a ronda de encontros cos catro presidentes provinciais. Coma nas outras reunións os temas tratados foron: Especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria. Creación da categoría. Inserción laboral dos especialistas […]

Os residentes de enfermaría en Galicia, tamén nos sentimos estafados.

Dende AGEFEC queremos invitar á reflexión lendo esta carta enviada á FAECAP por unha residente de enfermaría familiar e comunitaria, sobre as especialidades de enfermaría a nivel nacional. Podes acceder a este documento neste enlace.

AGEFEC posiciónase en desacordo co borrador de proxecto de lei de Troncalidade

AGEFEC rexeita, ao igual que o Consello Xeral de Enfermaría, o borrador de proxecto de Lei de Troncalidade e suscribe o documento de alegacións do presentado polo Consello Xeral. Podes consultar o proxecto de Real Decreto neste enlace: Proxecto de Real Decreto polo que se regula a troncalidade en Ciencias da Saúde Podes consultar o […]

Encontro entre a AGEFEC e o Colexio Oficial de Enfermaría de Ourense.

O pasado día 29 de xaneiro o Presidente, Manuel-V. Fernández Fernández e as vicepresidentas Ana I. Calvo Pérez e Rita Díaz Hoyos, foron recibidos nas novas instalacións do Colexio Oficial de Enfermaría de Ourense pola Presidenta Colegial Dna. Ascensión Pérez Sampayo, o Secretario D. José Miguel Tomé Fondo e Vogal de Primaria Dna. Mª Angelines […]

1 3 4 5

Agefec é necesaria.
Somos necesarios