Cargando

vacinas

A neveira de vacinas

O pasado luns 29 de setembro comezou a Campaña de Vacinación fronte á Gripe e a Covid-19, iniciándose polas persoas institucionalizadas en residencias de maiores e centros de discapacidade e traballadores/as destas institucións. A partir da vindeira semana, levarase a cabo a vacinación, dende os centros de saúde, tanto da poboación pediátrica como das persoas […]

Medidas de prevención fronte aos virus respiratorios

Chega o outono, e con el, os virus respiratorios: gripe, VRS, COVID-19… Desde a Atención Primaria, a enfermaría familiar está na primeira liña para protexerte a ti e á túa comunidade. 📌 A vacinación é unha ferramenta segura e eficaz para evitar complicacións, especialmente en persoas maiores, embarazadas, persoas con enfermidades crónicas e profesionais esenciais. […]

Infografía Infección Gonocócica

Tras o descanso estival, dende a AGEFEC voltamos traéndovos unha nova infografía dos nosos Grupos de Traballo. Desta vez, o Grupo de Saúde Pública e Inmunoprevenibles achéganos información actualizada sobre a infección gonocócica, de actualidade tanto polo aumento dos casos como polos cambios respecto á inmunización fronte a mesma na nosa Comunidade Autónoma. Esperando que […]

Presentación Grupos de Traballo

Benvidos/as aos Grupos de Traballo de AGEFEC! Se es unha persoa apaixonada pola enfermaría familiar e comunitaria, este é o lugar perfecto para ti. Os Grupos de Traballo son a columna vertebral da nosa Asociación, deseñados para fomentar a investigación, o desenvolvemento profesional continuo e a mellora de competencias no ámbito da Atención Primaria. Queres […]

II CONGRESO VIRTUAL EN VACINAS

  Do 21 ó 25 de Xaneiro do 2019 terá lugar o II Congreso Virtual de Vacinas, avalado pola FAECAP. Nesta segunda edición, definiuse un ambicioso programa formativo, avalado por un recoñecido comité científico, con máis de 45 relatores de primeiro nivel, nacional e internacional, 35 conferencias en directo, sesións de resolución de casos clínicos […]

Campaña Gripe 2017

  O vindeiro día 23 de outubro arrinca a campaña de vacinación antigripal  que rematará o 29 de decembro. Dende a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria lembramos da importancia da vacinación nos grupos de risco (maiores de 60 anos, residentes en institucións pechadas, fogares de anciáns, centros de crónicos, mulleres embarazadas, nenos e […]

Galicia contará co calendario de vacinación de adultos dende o 3 de xullo

Fonte: Venres epidemiolóxico Volume 6│número 12 │16 xuño 2017 As enfermidades previbles mediante vacinación son unha causa importante de morbi-mortalidade na idade adulta, polo que é necesario estender as políticas de vacinación aos adultos co fin de reforzar o impacto dos programas de vacinación infantil e tentar controlar esas infeccións. Neste sentido, o Consello do […]

O SERGAS rexeita administrar a vacina antigripal nas Farmacias

Santiago de Compostela, 13 de Xullo do 2015 A Consellería rexeita a proposta dos farmacéuticos pontevedreses, que consistía en cobrar 9 euros por vacina administrada ao SERGAS. A reacción das Sociedades Científicas da Atención Primaria, Colexios de Enfermaría e o non do goberno central foron determinantes.   Fai uns meses, o Colexio de Farmacéuticos de […]

Agefec é necesaria.
Somos necesarios