Cargando

Xunta Directiva

Felices Festas e un 2019 máis cheo de Enfermaría

Dende a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC) desexámovos Felices Festas e un 2019 máis cheo de Enfermaría. “O que importa non é o que nos faga o destino senón o que nós fagamos con él” F. Nightingale.

POSICIONAMENTO DA AGEFEC EN RELACIÓN Á ACTUAL CRISE DA ATENCIÓN PRIMARIA EN GALICIA

A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC) ven advertindo dende hai dunha década de moitos dos problemas que cobraron especial relevancia nas últimas semanas a raíz da dimisión en bloque da maior parte dos xefes de servizo e unidade da Atención Primaria viguesa. Cabe destacar, que en marzo deste ano, os colexios médicos […]

As sociedades científicas galegas de Atención Primaria rexeitan os criterios empregados polo SERGAS no concurso de traslados de Enfermaría

A Atención Primaria de Saúde é unha área específica que require dunha inversión estratéxica, garantindo a dispoñibilidade daqueles profesionais do sistema de saúde coa maior formación e experiencia específica, xa que, do seu nivel de desenvolvemento depende a viabilidade do noso sistema sanitario. Segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS), os sistemas sanitarios que teñen […]

As SSCC de AP e os Colexios Médicos asinaron un manifesto pola Atención Primaria de Galicia.

A Atención Primaria é a base necesaria para o bo funcionamento do noso sistema público de saúde. Só cunha Atención Primaria forte e sólida poden afrontarse os retos da cronicidade (de cada vez maior impacto nunha demografía como a de Galicia), a sobrecarga – xa estrutural – das Urxencias e as cada vez máis habituais […]

As Sociedades Científicas de Atención Primaria de Galicia piden a retirada da nova Lei de Saúde e melloras estruturais na Atención Primaria galega

As Sociedades Científicas Médicas (AGAMFeC e SEMG-Galicia) e a Enfermeira (AGEFEC) enviaron este mércores unha carta ao Presidente da Xunta de Galicia e ao Conselleiro de Sanidade. Os Presidentes da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFeC), a Sociedade Galega de Médicos Xerais e de Familia (SEMG – Galicia) e a Asociación Galega de […]

As sociedades científicas enfermeiras de Galicia piden melloras na xestión do persoal enfermeiro eventual

        As sociedades científicas enfermeiras de Galicia, piden melloras á Consellería de Sanidade na xestión das substitucións e reforzos, que realizan os enfermeiros eventuais no Sergas. Nestes días, fíxose pública a sentenza na que se condenaba a Consellería de Sanidade a indemnizar a nai dunha neonata que faleceu por un erro na […]

AGEFEC apoia publicamente a candidatura de Carmen Ferrer Arnedo á Presidencia do Consello Xeral de Enfermaría de España.

Despois da recente renuncia do actual Presidente do Consello Xeral de Enfermería, Máximo González Jurado, e apertura do período de presentación das candidaturas para presidir a Enfermaría do Estado español. Dende a Xunta Directiva da AGEFEC ao igual que tódalas Asociacións de Enfermaría Familiar e Comunitaria de España que estamos integrados na FAECAP, queremos facer […]

A Asemblea Xeral nomea nova Xunta Directiva para o período 2017-2019

A Asemblea Xeral da Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC) reunida o pasado 21 de abril do 2017 en sesión extraordinaria, proclamou a nova Xunta Directiva para o período 2017-2019 presidida por Francisco Jesús Represas Carrera. A composición da Xunta Directiva quedou determinada do seguinte xeito: Presidente Francisco Jesús Represas Carrera Vicepresidente 1º […]

10º Aniversario da AGEFEC: 21 de abril en Santiago de Compostela

Estimados compañeiros, membros e amigos de AGEFEC: Como sabedes este ano celebramos o 10º aniversario da constitución da nosa asociación. O camiño faise andando e foron moitos os momentos compartidos neste percorrido, intensos todos eles, as veces é duro, outras doado, en ocasións resulta cansino pero as mais das veces enriquecedor e fascinante. Así tamén […]

10 anos de AGEFEC: 14 de febreiro 2007-2017. Carta aberta aos socios/as

Estimados compañeiros e compañeiras: Tal día coma hoxe, aló polo 2007, un grupo de enfermeiras e enfermeiros comprometidos coa nosa profesión e coa Atención Primaria, poñían a andar un proxecto ilusionante no que co paso dos anos investirían moito tempo das súas vidas e lograrían que se sumasen a el todos e todas vós. Este […]

1 2 3

Agefec é necesaria.
Somos necesarios