Comité Formación Continuada
21 Xuño, 2020
Estará composto por varios asociados da AGEFEC designados pola Xunta Directiva.
Funcións do comité:
- Avaliar as propostas de formación continuada e establecer condicións de realización.
- Detectar necesidades formativas no ámbito da Enfermaría de Atención Primaria de Saúde e realizar propostas de organización de actividades formativas á Xunta Directiva.
- Aquelas outras que lles sexan encomendadas pola Xunta Directiva.
Para a cobertura das vacantes levarase a cabo unha convocatoria aberta ao conxunto da Asociación.O proceso de selección rexerase polos principios de voluntariedade, publicidade, igualdade, mérito, capacidade e experiencia en formación continuada.
A Presidencia recaerá no membro delegado da Xunta Directiva que esta designe.
O funcionamento do comité será colexiado.
Membros:
- Presidencia do Comité: responsable da Xunta Directiva
- Vogais: Vacantes en proceso de convocatoria.