Cargando

Enquisa Grupos de Traballo AGEFEC

Enquisa Grupos de Traballo AGEFEC

Os Grupos de Traballo (GdT) son unha das ferramentas máis importantes para desenvolver proxectos que teñan un impacto real na práctica diaria e na saúde da comunidade. Formar parte dun GdT dentro dunha sociedade científica coma AGEFEC pode acadar numerosos beneficios a nivel persoal e profesional, como:

  • Ampliación de coñecementos
  • Desenvolvemento de habilidades en materia de investigación
  • Establecemento de redes de contacto con outros profesionais
  • Publicación en revistas científicas, así coma a posibilidade de participar na creación e/ou revisión de guías e protocolos.

A forza dunha asociación como a AGEFEC reside nas persoas asociadas e na súa na participación activa, e por iso gustaríanos coñecer as inquietudes, motivacións e expectativas a través da realización dunha enquisa co fin de comprender as necesidades e desafíos na enfermaría familiar e comunitaria, avaliar o grao de implicación nos futuros GdT, medir o nivel de satisfacción cos servizos e actividades de AGEFEC e identificar áreas de mellora no apoio á investigación e o desenvolvemento profesional. 

Esta enquisa está dispoñible na seguinte LIGAZÓN, ten unha duración aproximada de 5 minutos, a información proporcionada será tratada con total confidencialidade e os datos recollidos serán utilizados exclusivamente para os fins mencionados e analizados de forma anónima.

Dende AGEFEC queremos mostrar o noso agradecemento por ser parte deste proxecto.

vania

vania

Agefec é necesaria.
Somos necesarios