Cargando

Carta de Presentación dos Grupos de Traballo

Carta de Presentación dos Grupos de Traballo

Benvido/a aos Grupos de Traballo de AGEFEC! Se es unha persoa apaixonada pola enfermaría familiar e comunitaria, este é o lugar perfecto para ti.  

Os Grupos de Traballo son a columna vertebral da nosa Asociación, deseñados para fomentar a investigación, o desenvolvemento profesional continuo e a mellora de competencias no ámbito da Atención Primaria. 

Por que formar parte dun Grupo de Traballo? 

  • Desenvolvemento profesional: Os Grupos de Traballo son espazos de aprendizaxe continuo onde podes ampliar os teus coñecementos e habilidades. 
  • Colaboración: traballarás con asociadas e expertas eventuais que comparten os teus intereses e valores, contribuíndo ao crecemento da enfermaría familiar e comunitaria. 
  • Rede de contactos: coñecerás e conectarás con profesionais de toda Galicia dentro e fóra de AGEFEC, intercambiando ideas e oportunidades de crecemento profesional. 

Que facemos? 

Os Grupos de Traballo son equipos que impulsan proxectos de investigación, organizan actividades formativas e desenvolven publicacións científicas e de calidade. Ademais, traballan en colaboración con institucións públicas e privadas, asegurando que a enfermaría familiar e comunitaria siga evolucionando e adaptándose aos desafíos actuais. 

Estrutura e Participación 

Cada Grupo de Traballo conta cunha estrutura ben definida, de 4 a 10 integrantes como máximo, nos que están presentes as seguintes figuras: 

  • Coordinador/a: Persoa que lidera o Grupo, asegurando unha colaboración efectiva entre os membros e sendo o elemento de enlace coa Xunta Directiva de AGEFEC. 
  • Membros: Achegan ideas e traballan nas actividades programadas. Para iso, póñense á súa disposición os recursos dos que dispón a Asociación. 
  • Colaboracións eventuais: Asociadas e persoas non pertencentes a AGEFEC nin ao Grupo de Traballo pero con experiencia nunha materia determinada, que poden aportar coñecementos mediante achegas puntuais. 

Como podes unirte? 

É moi sinxelo! Só necesitas ser socio/a de AGEFEC e enviar a túa solicitude. Valoramos a experiencia previa, pero o que máis apreciamos é a motivación e o compromiso.  

Se estás comezando, ofrecemos formación gratuíta para os membros, que che permitirá adquirir as competencias necesarias na procura de evidencia e redacción de artigos.  

Únete hoxe e contribúe ao cambio! Este é o momento de achegar e medrar xuntos! 

Descubre como podes involucrarte 

Toda a información que necesitas sobre como unirte a un Grupo de Traballo está dispoñible na seguinte LIGAZÓN.  

Agardámoste en AGEFEC! 

Xunta Directiva de AGEFEC 

vania

vania

Agefec é necesaria.
Somos necesarios