II Xornada de Residentes 2016
Presentación
A “2ª XORNADA DE RESIDENTES DE ENFERMARÍA FAMILIAR E COMUNITARIA” está dirixida a todos os profesionais da Enfermaría Familiar e Comunitaria (EFeC), e ten como obxectivo principal darlle a benvida aos novos residentes que comezan a súa formación nas distintas Unidades Docentes do SERGAS, e homenaxear aos residentes que rematan o seu período formativo para comezar a súa andaina profesional como especialistas, os cales, expoñerán os seus traballos de investigación realizados durante o seu período de residencia.
Comités Organizador e Científico
Comité Organizador | Comité Científico | ||
Presidenta | Susana Mirás Carballal | Presidenta | Eva Tizón Bouza |
Vogais | Silvia Mª Pazos Platas
Ignacio Couselo Fernández Francisco J. Represas Carrera Andrea Otero Budiño |
Vogais | Belén Vara Couce
Álvaro Carrera García Andrea Otero Budiño |
Programa
10:30-10:45h. MESA INAUGURAL.
- Director da área de xestión do coñecemento e talento da ACIS: Rodrigo Gómez Ruiz.
- Presidente da AGEFEC: Francisco Jesús Represas Carrera.
- Presidenta do Comité Organizador: Susana Mirás Carballal.
11:00-12:15h. EXPOSICIÓN DOS TRABALLOS CIENTÍFICOS DE FIN DE RESIDENCIA.
- Modera: Ignacio Couselo Fernández, Secretario da AGEFEC.
- Factores influyentes en el desarrollo del pie diabético en una consulta de enfermería de atención primaria. María López Villar. Unidade Docente de Valladolid Oeste.
- Análisis de la renuncia a la vacunación antigripal en el Centro de Salud de Vilanova de Arousa. Soraya Meijome Blanco. Unidade Docente de Pontevedra.
- Efectividad de un programa de estimulación cognitiva en pacientes con deterioro cognitivo leve de la comunidad. Cristina González Sáenz de Lafuente. Unidade Docente de Madrid Centro.
- Valoración del estado nutricional del paciente mayor o igual de 65 años no institucionalizado en A Coruña. Beatriz Díaz Esmorís, Vania Yáñez Fernández, Blanca Vázquez García, Lorena Liñayo Freire e Esther Trobo Vázquez. Unidade Docente de A Coruña.
12:15-12:45h. PAUSA CAFÉ
12:45-13:00h. PRESENTACIÓN DOS NOVOS RESIDENTES.
- Especialista en EFeC: Silvia Mª Pazos Platas.
- Presidenta do Comité Organizador: Susana Mirás Carballal.
- Novos residentes:
- UNIDADE DOCENTE DE PONTEVEDRA
- UNIDADE DOCENTE DE FERROL
- UNIDADE DOCENTE DE A CORUÑA
- UNIDADE DOCENTE DE OURENSE
- UNIDADE DOCENTE DE VIGO
13:45-14:00h. AGASALLO AOS NOVOS ESPECIALISTAS EN EFeC. LECTURA DE CONCLUSIÓNS CIENTÍFICAS. ENTREGA DO PREMIO Á MELLOR COMUNICACIÓN. CLAUSURA.
- Conselleiro de Sanidade: Jesús Vázquez Almuíña.
- Presidente da AGEFEC: Francisco Jesús Represas Carrera.
- Presidenta do Comité Científico: Eva Tizón Bouza.
Normativa de presentación de traballos
Premio ao mellor traballo
Dende o Comité Científico da “2ª Xornada de Residentes de Enfermaría Familiar e Comunitaria” organizada pola AGEFEC, grazas a colaboración da Fundación Index de Granada (www.index-f.com), gustaríanos informar aos futuros especialistas do seguinte:
O autor do mellor traballo de fin de residencia, a xuízo do Comité Científico, presentado o día 30 de maio na 2ª Xornada, terá a posibilidade de ver publicado o seu traballo na Revista Enfermería Comunitaria (http://www.index-f.com/comunitaria/revista.php),dispoñible na Hemeroteca cantárida de Ciberindex.
A Fundación Index ofértanos a “proposta de publicación” nesta revista, téndose que adapta-lo traballo premiado a algún dos formatos aceptados na revista e supera-lo proceso de avaliación (http://www.index-f.com/comunitaria/estilo.php). Esta opción estaría dispoñible para traballos de investigación.
En caso de que se prefira a súa publicación no formato orixinal como traballo de fin de residencia, a fundación Index oferta a súa publicación na Biblioteca Lascasas (http://www.index-f.com/lascasas/lascasas.php), dado que é a única revista que ten unha sección de traballos académicos (http://www.index-f.com/lascasas/estilo.php).
Desexamos que esta noticia sexa un aliciente para a vosa participación nas xornadas.
Agardámosvos o 30 de Maio do 2016.
Comité Científico da 2ª Xornada de Residentes de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC)
Celebración
30 de Maio do 2016 no Salón de Actos da Consellería de Sanidade, en Santiago de Compostela.
Organiza |
Colabora |
![]() |
![]()
|