Cargando

21 de setembro: Día Mundial do Alzheimer

O vindeiro 21 de setembro, conmemoramos o Día Mundial do Alzheimer 🧠💙, unha enfermidade que afecta non só a quen a padece, senón tamén ás súas familias e contornas.Dende a enfermaría familiar e comunitaria, acompañamos, orientamos e apoiamos ás persoas coidadoras e pacientes durante todo o proceso. Hoxe compartimos con vos algúns consellos clave para […]

A AGEFEC participará na IV Feira da Saúde Pontesán

Dende a AGEFEC temos o pracer de informarvos que os vindeiros venres 26 e sábado 27 de setembro a Asociación participará activamente na feira Pontesán, que terá lugar en Pontevedra. Pontesán é a maior feira de saúde e benestar de Galicia, nacida no ano 2020 en plena saída da maior crise sanitaria do século, este […]

10 de setembro. Día Mundial para a Prevención do Suicidio.

Hoxe, 10 de setembro, celébrase o Día Mundial para a Prevención do Suicidio, segunda causa de morte externa no noso país, só superada, por primeira vez no 2024, polas caídas accidentais. Como enfermeiras de familia, somos cruciais na prevención e detección precoz de condutas suicidas, pola continuidade asistencial e coñecemento que temos dos nosos pacientes […]

Enfermaría familiar e comunitaria: Mito ou Realidade?

Descubre todo o que (aínda) non sabes sobre o noso labor na Atención Primaria! 💬 Que outros mitos escoitaches sobre a nosa profesión? Déixao nos comentarios e axúdanos a desmitificar a enfermaría familiar e comunitaria. #MitoOuRealidade #EnfermaríaFamiliar #AtenciónPrimaria #SaúdeComunitaria #EFEC #EFYC #AGEFEC

Como actuar en caso de incendio

Dende a AGEFEC, como galegos e galegas, compartimos a dor e a carraxe por mor da vaga de incendios que está a asoballar tanto a nosa Comunidade como moitas outras ao longo de España. Porén, dende a nosa modesta posición, achegámosvos esta infografía sobre como actuar en caso de incendio, dirixida á cidadanía en xeral, […]

Infografía Infección Gonocócica

Tras o descanso estival, dende a AGEFEC voltamos traéndovos unha nova infografía dos nosos Grupos de Traballo. Desta vez, o Grupo de Saúde Pública e Inmunoprevenibles achéganos información actualizada sobre a infección gonocócica, de actualidade tanto polo aumento dos casos como polos cambios respecto á inmunización fronte a mesma na nosa Comunidade Autónoma. Esperando que […]

Como actuar en caso de picadura de…carracha

Despois do parón polo Día de Galicia, traémosvos a derradeira entrega das publicacións sobre picaduras que dende a AGEFEC realizamos ao longo do mes de xullo. Hoxe falamos sobre a picadura da carracha, a cal está presente ao longo do ano e ca que debemos ter especial precaución sobre todo se temos animais domésticos. Desexamos […]

25 de xullo. Día de Galicia.

Dende a AGEFEC queremos desexarvos a todos e todas un feliz Día de Galicia. Na imaxe podedes ver a Praza Maior de Ourense, cidade que albergará o IX Congreso da Asociación o ano que ven. Como curiosidade, trátase da única praza maior de España e unha das poucas de Europa co chan inclinado. Se acudides […]

A AGEFEC envía un escrito ás Areas Sanitarias sobre a reconversión de prazas de Enfermaría de Coidados Xerais de Atención Primaria á categoría de EFeC daquelas/es enfermeiras/os que realizaban labores de coordinación de Servizo

Grazas ás informacións que os socios e socias nos facedes chegar, temos constancia de que dende algunhas Áreas Sanitarias téñense posto obxeccións ao proceso de reconversión de prazas de Enfermaría de Coidados Xerais de AP á categoría de EFeC cando, estando ocupadas por enfermeiras que realizaban a coordinación do Servizo, quedan vacantes. Dende a AGEFEC […]

Como actuar en caso de picadura de…medusa

Este venres traémosvos unha nova entrega de como actuar ante a picadura de diversos animais. A de hoxe en concreto, trata sobre a picadura de medusa, especie cada vez máis presentes nos areais de toda a Península Ibérica. Agardamos, coma sempre, que sexa do voso interese e utilidade. A AGEFEC é necesaria, somos necesarios e […]

1 2 3 4 5 51

Agefec é necesaria.
Somos necesarios