Cargando

A nova Comisión da Especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria xa está constituída

Estará Presidida pola representante da FAECAP, Maravillas Torrecidlla Abril. Esta renovación supón un novo e forte impulso da Comisión Estatal para esta etapa crucial no desenvolvemento da especialidade.   A comisión foi constituída na reunión celebrada o pasado 25 de xuño no Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, quedando a súa composición do seguinte […]

Acordo de colaboración entra a AECC e FAECAP para mellora-la calidade de vida dos pacientes

Madrid, 18 de Xuño do 2015 A Asociación Española Contra o Cancro (AECC) e a Federación de Asociacións de Enfermaría Comunitaria e Atención Primaria (FAECAP) veñen de firmar un acordo de colaboración. O convenio firmado polos seus respectivos presidnetes consolidará a relación de ámbalas dúas entidades para mellora-la calidade de vida dos pacientes con cancro. […]

ENCONTRO DE AGEFEC COS PORTAVOCES DE SANIDADE DO PPdeG

Santiago de Compostela, 9 de Xuño do 2015 Os representantes da AGEFEC mantiveron a reunión cos voceiros parlamentarios de sanidade do PPdeG no Parlamento de Galicia. Unha representación da Xunta Directiva da Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC) encabezada polo seu actual Presidente, Francisco Jesús Represas Carrera, o Vicepresidente 1º, Álvaro Carrera García […]

AGEFEC OPONSE A QUE AS OFICINAS DE FARMACIA ADMINISTREN VACINAS CONTRA A GRIPE

Santiago de Compostela, 5 de Xuño do 2015 A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria, ven de remitir este venres dúas cartas dirixidas a Conselleira de Sanidade e a Directora Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, mostrando a súa preocupación pola proposta do Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra. Nas cartas remitidas, lémbrase […]

O SERGAS ACREDITA POR PRIMEIRA VEZ COMO TITOR DA FORMACIÓN SANITARIA ESPECIALIZADA DE ENFERMARÍA FAMILIAR E COMUNITARIA A UN ENFERMERIO ESPECIALISTA VÍA EIR

Ignacio Couselo Fernández, Enfermeiro especialista en Enfermería Familiar e Comunitaria foi acreditado pola Unidade Docente Multiprofesional de Atención Familiar e Comunitaria da EOXI de Ferrol como titor para permitir desde xeito que participe na formación especializada dos futuros Enfermeiros de Atención Primaria. Ignacio Couselo, que forma parte da primeira promoción formada en Galicia, rematou a […]

AGEFEC realiza unha nova campaña informativa sobre a especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria nas universidades.

Un ano máis, o Grupo de Promoción da Especialidade da AGEFEC, retoma a súa campaña informativa nas facultades de Enfermaría de Galicia dando a coñecer alí a especialidade e o programa formativo da Especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria. Nas sesión tratáronse diversos aspectos relacionados coa formación especializada, como foron o desenvolvemento normativo, o acceso […]

GALICIA CELEBROU A I XORNADA DE RESIDENTES DE ENFERMARÍA FAMILIAR E COMUNITARIA

Santiago de Compostela, 29 de Maio do 2015 O acto organizado pola Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria este venres no salón de actos da Consellería de Sanidade foi valorado de éxito rotundo.                   O acto comezou ás 11 da mañá de man do ex-Presidente da AGEFEC, Manuel Vidal Fernández Fernández que salientou […]

FAECAP, CCOO, UGT, CSI-F, ANDE e AEC esixen a retirada do borrador de prescrición enfermeira.

As organizacións asinantes deste escrito, veñen denunciar o inicio da tramitación lexislativa do Proxecto de Real Decreto polo que se regula a indicación, uso e autorización de dispensación de medicamentos e produtos sanitarios de uso humano por parte dos enfermeiros. Estas organizacións queren deixar claro a súa posición rotunda de respaldo á prescrición enfermeira aínda que non concordan cos […]

Guía para a Implementación Local da Estratexia de Promoción de Saúde e Prevención no SNS

O Ministerio de Sanidade acaba de publicar, despois da súa aprobación polo Comité Interterritorial, a guía sobre a Implementación Local da Estratexia de Promoción de Saúde e Prevención no SNS. As accións claves propostas nesta Guía son: – Creación dunha mesa de coordinación intersectorial nos municipios. – Mapeo dos recursos comunitarios. Os entornos próximos condicionan […]

Reunión coa EOXI da Coruña sobre a inserción dos Enfermeiros de Familia e Comunitarios

Unha delegación da AGEFEC conformada por tres membros do grupo de traballo “Promoción da especialidade” mantivo unha reunión coa EOXI da Coruña o pasado 6 de Maio. Pola parte da EOXI acudiron o Director de Procesos de Enfermaría Alfredo Moreno e o Director de Recursos Humanos Manuel Gómez. En representación da AGEFEC o Vicepresidente 1º […]

1 28 29 30 31 32 43

Agefec é necesaria.
Somos necesarios