A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC) únese ós catro Colexios de Enfermaría de Galicia para reivindicar a reclasificación das enfermeiras e enfermeiros no grupo A1. Nunha misiva dirixida ó Conselleiro de Sanidade, Julio Comesaña, facemos constar que, “as enfermeiras e enfermeiros son profesionais da saúde altamente cualificados, resultado dunha formación universitaria especializada […]
Dende o Comité Organizador, comprácenos presentar o VIII Congreso da AGEFEC que levará por lema “Actualizando as Catro Esferas da Enfermaría de Atención Primaria”. Esta edición ímola celebrar o 8 e 9 de novembro de 2024 e terá como sede A Coruña. Consulta toda a información e formaliza a túa inscrición na web do congreso. […]
Presentamos o curso: Manexo da Enfermidade Cardiovascular Aterosclerótica en Cardioloxia e Atención Primaria, dirixido a enfermeiras e avalado por diversas sociedades científicas, entre elas, FAECAP, que se integra no programa MEVCAP, impulsado dende o Grupo de Traballo de Integración de Cardioloxía e Atención Primaria da Asociación de Cardioloxía Clínica da Sociedade Española de Cardioloxía, como […]
O pasado venres, 6 de outubro, celebramos a V Xornada de Residentes de Enfermaría Familiar e Comunitaria de AGEFEC. Inaugurando estas xornadas, tivemos o pracer de contar, unha vez máis, ca presenza de Mario Mosquera, director da Área de Xestión do Coñecememto e Talento da ACIS. Hai que formar a máis residentes? Que diferenzas existen […]
A Sociedade Portuguesa de Enfermaría en Saúde Familiar vai celebrar o V Congreso Internacional de Enfermaría de Saúde Familiar e IV Congreso Ibérico de Saúde Familiar que se levará a cabo en formato mixto presencial (en Ponta Delgada, Azores) e online do 26 ó 28 de outubro de 2023. Coma en anos previos, AGEFEC colabora con este […]
O Grupo de Prevención e Actuación ante o tabaquismo de FAECAP pon en marcha unha nova edición do curso “Intervención enfermeira para deixar de fumar”. Este curso está dirixido a mellorar as competencias enfermeiras no control do tabaquismo. Nel se abordarán as principais estratexias de prevención, así como as técnicas para axudar á pobloación a […]
Abrimos novas datas de inicio en setembro para os cursos do Plan de formación continuada AGEFEC: Accede a toda a información e ó formulario de inscrición na seguinte LIGAZÓN
O grupo de traballo de coidados paliativos de AGEFEC presenta a primeira infografía, en versión bilingüe, sobre a identificación das necesidades paliativas en pacientes adultos. Dende AGEFEC apoiamos que a enfermeira familiar e comunitaria pode e debe liderar a atención paliativa en domicilio e ter unha visión integral da persoa e do seu entorno e […]
No eido da Semana Mundial da Incontinencia, FAECAP xunto con Asia (Asociación para a incontinencia) organizan a webinar “Incontinencia: luces e sombras na atención dende Atención Primaria” que terá lugar o xoves 22 de xuño de 17:00-18:30h Inscríbete de xeito gratuito na seguinte LIGAZÓN.
A reunión promovida pola Sociedade Española de Medicina Familiar e Comunitaria (semFYC), celebroude o pasado venres 26 de maio e a ela asistiron representantes da semFYC, da Federación de Asociaciones de Enfermería Familiar y Comunitaria (FAECAP), da Asociación de Enfermería Comunitaria (AEC) e da Sociedad Española de Directivos de Atención Primaria (SEDAP). No marco actual […]