Cargando

Etiquetas:

Especialidade en Enfermaría Familiar e Comunitaria

Convocatoria Asemblea Xeral

Convócase, pola presente, aos asociados da AGEFEC á Asemblea Xeral do 8 de outubro do 2022. Lugar: Hotel Porta do Camiño, Santiago de Compostela Primeira convocatoria:  17:00 horas Segunda Convocatoria: 17:30 horas Orde do día: – Punto único: situación laboral dos especialistas precarios. Análise da situación e plan de acción.

A AGEFEC reclama o recoñecemento da formación sanitaria especializada e solicita a reconversión das prazas de enfermeira de Atención Primaria a prazas de especialista en Enfermería Familiar e Comunitaria

Dado o inminente remate do período de formación dos e das residentes de Enfermaría Familiar e Comunitaria da promoción 2020-2022, a Asociación Galega de Enfermería Familiar e Comunitaria (AGEFEC) quere expoñer o seguinte:  Un total de 34 enfermeiras especialistas no Servizo Galego de Saúde rematarán a especialidade tras dous anos de formación. Un número nada […]

A nova Comisión da Especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria xa está constituída

Estará Presidida pola representante da FAECAP, Maravillas Torrecidlla Abril. Esta renovación supón un novo e forte impulso da Comisión Estatal para esta etapa crucial no desenvolvemento da especialidade.   A comisión foi constituída na reunión celebrada o pasado 25 de xuño no Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, quedando a súa composición do seguinte […]

Solicitude da categoría de EFeC ó Servizo Galego de Saúde

A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC), o Consello Xeral de Enfermaría de Galicia e a Academia de Enfermaría de Galicia solicitan ao Servizo Galego de Saúde que sen mais demora proceda a creación da categoría profesional de enfermeiro/a especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria, e comece co proceso para a integración laboral […]

A Comunidade Valenciana xa ten a categoría profesional de especialista en EFeC

Estimados compañeiros no Diario Oficial da Comunidade Valenciana do día 7 deste mes de xuño, publicouse a creación da categoría profesional de EFyC xunto coa táboa retributiva. É unha moi boa nova para toda a enfermaría de Atención Primaria de España pero especialmente para os compañeiros da Comunidade Autónoma Valenciana que, a partir de agora, ábreselles a vía […]

A administración pública aínda non recoñece a especialidade en Enfermaría Familiar e Comunitaria no seu mercado laboral

A AGEFEC secunda o escrito da FAECAP onde mostra o seu malestar pola falta de dilixencia da administración pública sanitaria ante a especialización en Enfermaría Familiar e Comunitaria no mercado laboral no sistema público de saúde. Ler o escrito da FAECAP “La definición de los puestos de trabajo para los especialistas en Enfermería Familiar y […]

Agefec é necesaria.
Somos necesarios