Cargando

AGEFEC únese ao Healt 2.0 Galicia

AGEFEC únese ao Healt 2.0 Galicia

Healt 2.0 Galicia é unha rede que une aos actores do sector sanitario e aos do sector tecnolóxico en Galicia, coa fin de mellora-las condicións na que se está dando a asistencia sanitaria a través do uso das novas tecnoloxías web entre outros. Healt 2.0 quere fomentar proxectos relacionados coa saúde, desenvolvidos por startups (empresas con proxectos innovadores) ou individuos, darlles maior visibilidade e inspirar a outros.

A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC) foi convidada a entrar o pasado mes de xuño de 2016 ao Chapter Health 2.0 Galicia. A finalidade desta rede é a de dar visibilidade e apoio a tódolos proxectos de saúde dixital da comunidade, así como favorece-lo intercambio de ideas entre os profesionais sanitarios, xa que esta rede ten o potencial necesario para dar cabida a grandes proxectos ou mellorar algúns xa existentes.

A plataforma mundial Healt 2.0 trátase dunha rede constituída por máis de 100 Chapters locais a redor de todo o mundo, que xunta o esforzo de emprendedores, profesionais da saúde, inversores e industria. En España ata agora só estaban representadas Cataluña, Madrid, Asturias, Valencia e Andalucía. Podes acceder á información de tódolos eventos globais na súa web: http://www.health2con.com/

AGEFEC é unha das Sociedades Científicas sanitarias galegas pioneiras en entrar a formar parte desta gran rede, o que contribuirá en gran medida en visibilizar a nosa profesión, a nosa especialidade, o noso ámbito asistencial e sobre todo o noso gran potencial enfermeiro.

Convidámosvos a todos a adherirvos individualmente ao Chapter Health 2.0 Galicia rexistrándose a través do seguinte enlace: http://meetup.com/Health20Galicia

agefec

agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios