Cargando

Plan de Formación Continuada 2020-2025

Plan de Formación Continuada 2020-2025

A realidade actual da asistencia sanitaria vén condicionada por unha maior demanda de información sustentada nos máis altos graos de evidencia científica, así como un avance significativo na investigación de coidados que proporcionen resultados na saúde da cidadanía cos máis altos estándares de calidade e eficiencia.

As Enfermeiras para o exercicio da súa profesión deben ter os coñecementos e as habilidades científicas que a Lex Artis lles esixe en cada momento. Isto deriva nunha necesidade permanente de posta ao día, que se leva a cabo a través da formación continuada e o desenvolvemento do conxunto de coñecementos sobre os cales sustenta o seu exercicio profesional.

Para cometer tal fin, un dos obxectivos fundacionais da Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria  é a organización e posta en marcha de actividades formativas, que permitan ao conxunto dos asociados actualiza-los seus coñecementos e habilidades no ámbito familiar e comunitario da Atención Primaria de Saúde.

Con este Plan de Formación Continuada para o período 2020-2025, pretendemos incentivar a produción propia de formación continuada e a vez sentar as bases dun futuro repositorio que conteña coñecementos e información actualizada dos diferentes campos e áreas da nosa especialidade.

O Plan de Formación Continuada é un reto ambicioso, a través do cal AGEFEC pode medrar como Sociedade Científica e a Especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria pode adquirir un impulso importante que vai redundar moi positivamente nos coidados que proporcionan as Enfermeiras da Atención Primaria galega.

agefec

agefec

Agefec é necesaria.
Somos necesarios