Cargando

Socios de Honra da AGEFEC

Socios de Honra da AGEFEC

Regulación estatutaria

Art.11 Clases de Membros

2. Membro de Honra: Poderán ser Membros de Honra aquelas persoas físicas ou xurídicas de especial relevancia, con destacada contribución á Asociación, á consecución dos obxectivos ou fins que persegue ou cunha función e prestixio no ámbito da Enfermaría da Atención Primaria, que os faga merecedores de dita condición. Os Membros de Honra non pagarán cotas á Asociación.

Artigo 15. Da adquisición e perda da condición de Membro de Honra e Membro Non Numerario.

A adquisición da condición de Membro de Honra require unha proposta formulada por calquera membro ante a Xunta Directiva da Asociación. O recoñecemento de tal distinción require ser aprobado pola Xunta Directiva e ratificado pola Asemblea Xeral. Así mesmo, se houbese motivos graves para tal decisión, a perda da condición de Membro de Honra require ser aprobada pola Xunta Directiva e ratificada pola Asemblea Xeral.

Artigo 16. Dos dereitos dos Membros.

2. Os Membros de Honra e os Non Numerarios non gozarán de dereito a voto nas Asembleas Xerais da Asociación e non poderán formar parte dos órganos de goberno, dirección e representación da mesma

Artigo 22. Concepto

A Asemblea Xeral é o órgano supremo de goberno e participación da Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria. Está integrada por todos os membros e os seus acordos serán adoptados democraticamente.

Os membros da Asociación poderán asistir con voz e voto, salvo no caso dos Membros de Honra e os Non Numerarios, ás sesións da Asemblea Xeral, sempre que estean ao corrente no pago das súas cotas e non se atopen sometidos a algún tipo de sanción.

Socios de Honra da AGEFEC

  • María Teresa Leis Blanco, nomeada no 2010. Enfermeira de Atención Primaria no CS de Riveira (A Coruña). Referente para todo o seu EAP e para a AGEFEC na área da ciruxía menor.
  • Teresa Lindoso López, nomeada no 2016. Enfermeira de Atención Primaria no CS Valle Inclán (Ourense). Coordinadora de Enfermaría cunha ampla traxectoria na Atención Primaria, nun dos Centros de Saúde pioneiros en Galicia.
  • Rosa María Carriba López, nomeada no 2016. Enfermeira de Atención Primaria no CS de Bertamiráns (Ames – A Coruña). A pesares da súa traxectoria mais curta en Atención Primaria, demostrou dende o principio un enorme desexo de integración e de ansia de coñecementos, participando en numerosos cursos de formación e afiliándose a AGEFEC nada mais chegar á atención primaria despois dunha longa traxectoria no Hospital Clínico de Santiago. Un exemplo de integración procedendo dun mundo asistencial totalmente distinto.

Figura que se lles entrega aos Socios de Honra

Socios de Honra

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

agefec

agefec

Agefec é necesaria.
Somos necesarios