Obxectivos
10 Agosto, 2015
- Laborais
- Creación de prazas para a nosa categoría profesional de enfermeiro/a especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria.
- Posta en funcionamento da selección temporal para a especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria.
- Convocatoria de Oposicións específicas para os enfermeiros/as de Familia e Comunitaria.
- Colaborar ou propoñer aos órganos de representación dos traballadores (sindicatos) o desenvolvemento pleno da especialidade e que os especialistas (independentemente da vía de acceso a especialidade) acaden un posto de traballo no ámbito laboral para o que se formaron.
- Conversión das vacantes que se produzan por xubilación do profesional ou feito asimilado, en prazas da nova categoría.
- Iniciar a reconversión de prazas á nova categoría daqueles enfermeiros/as que obteñan o título pola vía excepcional.
- Valoración da titulación de especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria para traballar no 061.
- Valoración da titulación de especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria para traballar nos Servizos de Saúde Pública.
- Que o tempo traballado como residente sexa tido en conta, a tódolos efectos, como traballo efectivo no Sistema de Saúde.
- Adaptar e actualizar o sistema retributivo da Enfermaría de Atención Primaria a novas variables como poden ser o número de tarxetas sanitarias, complexidade asistencial, pluripatoloxía, etc.
- Institucionais
- Acadar que os postos de xestión sanitaria de diferente índole poidan ser ocupados por profesionais Enfermeiros/as de Familia e Comunitaria.
- Secundar tódalas accións que promovan as Sociedades Científicas (SS.CC.) e outras institucións na consecución do desenvolvemento pleno da especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria en todo o Estado.
- Secundar accións que promovan as SS.CC. e outras institucións para acadar a convocatoria da proba para acceder a especialidade pola vía extraordinaria.
- Promover a participación dos profesionais de Enfermaría Familiar e Comunitaria nas súas sociedades científicas comprometéndose nos órganos de dirección.
- Firma de diferentes acordos entre organismos co obxectivo de impulsar a especialidade en tódolos seus ámbitos e como conseguinte o papel da Enfermaría Familiar e Comunitaria.
- Buscar acordos coas SS.CC. que representen a outras especialidades enfermeiras para acadar obxectivos comúns.
- Docentes
- Acadar a acreditación de tódalas Unidades Docentes de Medicina de Familia de Galicia como Multiprofesionais de Atención Familiar e Comunitaria, conseguindo así un aumento na oferta de prazas de formación especializada.
- Organizar ou colaborar cada ano na organización das Xornadas de residentes en Enfermaría Familiar e Comunitaria de Galicia.
- Deseñar e ofertar de forma anual un programa de formación continuada para a Enfermaría Familiar e Comunitaria de acorde coas liñas estratéxicas propostas pola Administración Sanitaria ou sobre outras necesidades formativas que sexan detectadas no ámbito da Atención Primaria.
- Promover a difusión da especialidade nos ámbitos académicos, ofertando nas facultades de Enfermaría seminarios co fin de acercar os alumnos a experiencia formativa EIR.
- Unha vez rematada a vía extraordinaria de acceso o título de especialista, exixir que os postos de docencia na formación especializada de EFeC sexan ocupados exclusivamente por profesionais especialistas en Enfermaría Familiar e Comunitaria.
- Científicos
- Organización das VI Xornadas Científicas da AGEFEC na cidade de Ferrol.
- Organizar, realizar e celebrar actos e actividades científicas de investigación, formativas, de forma individual ou en colaboración coas administracións ou organizacións públicas ou privadas. Continuaremos coa organización de obradoiros, encontros e simposios.
- Contribuír ao coñecemento da especialidade e da Enfermaría Familiar e Comunitaria a través da investigación enfermeira e da divulgación do coñecemento científico.
- Promover a investigación en Atención Primaria dentro da nosa Sociedade Científica.
- Manter os actuais Grupos Asesores da AGEFEC.
- Promover e fomentar o progreso científico, impulsando e participando en proxectos de investigación orientados á actividade que desenvolvemos e en concreto á mellora dos coidados enfermeiros.
- Fomentar a participación dos profesionais de Enfermaría Familiar e Comunitaria en foros científicos de discusión ou en congresos e xornadas científicas.
- Sociais
- Contribuír a unha maior visibilidade social e repercusión mediática da Enfermaría Familiar e Comunitaria (EFeC).
- Aumentar a masa social que conforma a nosa Sociedade Científica.
- Realizar campañas de difusión da marca AGEFEC entre os profesionais do Servizo Galego de Saúde, organismos oficiais e a sociedade en xeral.
- Seguir mellorando os medios de comunicación que ten actualmente a Sociedade Científica e buscar novas alternativos de difusión.
- Aproveitar as oportunidades que ofrecen datas sinaladas para acudir aos medios de comunicación e por en valor a nosa contribución aos coidados e benestar da cidadanía con patoloxías crónicas.
- Aproveitar momentos puntuais (vacinación da gripe ….) para acudir aos medios de comunicación e facer visible a nosa contribución ao éxito de ditas campañas e a promoción de hábitos saudables para minimizar o impacto da transmisión de enfermidades epidémico pandémicas.
- Fomentar e axudar aos profesionais de EFeC a que leven a cabo iniciativas de intervención comunitaria (educación para a saúde nas escolas, asociacións …).
- Difusión nos medios de comunicación, redes sociais, páxina web, etc. de tódalas novidades referidas aos profesionais da Enfermaría Familiar e Comunitaria.
- Asistenciais
- Promover e avanzar nas modificacións precisas na Hª C. electrónica para que os/as enfermeiros/as podan aplicar o proceso enfermeiro na súa actividade asistencial e diminuír a variabilidade nos rexistros.
- Valorizar o papel da enfermaría nas unidades e servizos de Atención Primaria permitindo o pleno desenvolvemento de competencias asistenciais e de xestión.
- Promover que o Servizo Galego de Saúde aprobe un acordo de xestión nas Unidades e Servizos de Atención Primaria no que as enfermeiras non sexan avaliadas so pola realización de técnicas, senón por resultados de saúde onde a prevención e o seguimento do paciente crónico, e a atención domiciliaria e paliativa ocupe o eixo central das intervencións enfermeiras.
- Aumentar a carteira de servizos da enfermaría Familiar e Comunitaria que realiza a súa labor nos servizos de Atención Primaria.
- Fomentar e axudar aos profesionais de Enfermaría Familiar e Comunitaria na realización de talleres específicos para grupos de pacientes dende o centro de saúde.
- Impulsar a importancia da realización do diagnóstico comunitario para implementar as actividades comunitarias mais axeitadas.
- Impulsar a colaboración cos concellos referentes de cada centro de saúde nas actividades comunitarias de promoción da saúde e estilos de vida saudables entre a poboación.
- Colaborar en tódalas accións que defendan a derrogación do “Real Decreto 954/2015, de 23 de octubre, por el que se regula la indicación, uso y dispensación de medicamentos y productos sanitarios de uso humano por parte de los enfermeros” na súa totalidade.
- Colaborar en tódalas accións que defendan a modificación do artigo 79 do “Real Decreto Legislativo 1/2015, de 24 de julio, por el que se aprueba el texto refundido de la Ley de garantías y uso racional de los medicamentos y productos sanitarios” no que se faculte para a emisión de receita a igual nivel á Médicos, Odontólogos, Podólogos e Enfermeiros/as.
- Fomentar a proactividade no exercicio profesional da Enfermaría Familiar e Comunitaria.
- Aumentar o noso campo competencial dende o punto de vista asistencial, tendo por tanto, máis e maiores responsabilidades.
- Promover a mellora dos coñecementos a través da formación continuada e avanzar na autonomía na prestación dos coidados enfermeiros.
1 Comment