Oferta do 50% de desconto na Revista de Formación Continuada EFC para á xente pertencente á AGEFEC
Informamos aos nosos socios (os que non o sexan poden facelo aquí) que trala reunión mantida en Madrid. FAECAP acordou coa editora da Revista de Formación Continuada EFC, que aquelas Sociedades que consigan alomenos 50 subscritores, disfrutarán dunha redución do 50 % no custo da mesma (40 € polos 10 números anuais). Este prezo especial terá unha duración dun ano.
E un proxecto interesante e mediante o cal podemos dar aos nosos socios a posibilidade dunha formación seria, preparada por enfermeiras comunitarias, acesible a domicilio, acreditada e cun prezo reducido.
Para que este proxecto sexa exitoso, require de subscricións, alén disto, cada número conleva un gran traballo que será realizado por tódolos nosos compañeiros implicados no tema.
Coa axuda da vosa difusión e implicación, esta Revista converterase nunha publicación de referencia no noso ámbito, e polo tanto un valor para FAECAP.
Pode tramitar a súa inscrición cumprimentando e enviando o formulario do seguinte enlace: Formulario EFC
Agradeceriamos que todos aqueles socios que tramiten a subscrición, remitan un mail a Secretaría Técnica de Agefec secetariatecnica@agefec.org, coa fin de poder contabilizar o número realizado, e confirmar se alcanzamos o número esixido para lograr a redución.
Non están permitidos os comentarios.