III Xornadas de Residentes de Enfermería Familiar e Comunitaria de Galicia
Véñense de celebrar o pasado venres 31 de maio, as III Xornadas de Residentes de Enfermería Familiar e Comunitaria de Galicia. No evento organizado pola AGEFEC nas instalacións da consellería de sanidade en Santiago de Compostela, xuntáronse arredor duns 60 enfermeiros entre os que se atopaban os recén acabados especialistas en Enfermería Familiar e Comunitaria, que veñen de rematar a o seu período formativo de dous anos de residencia. Os novos especialistas foron os protagonistas da xornada coa exposición dos seus traballos de investigación de fin de residencia.
Acudeu á cita o Director da área de xestión do coñecemento e talento da ACIS Mario Mosquera Verea, quen aprobeitou o discurso inaugural para dar ós asistentes algunhas novidades que o Sergas ofrecerá para os seus traballadores na súa plataforma electrónica. Estas novidades irán incorporándose nos vindeiros meses e traerán consigo innovadoras funcionalidades como a de compartir e crear material formativo entre profesionais.

Un total de 6 traballos foron admitidos polo comité científico, dos cales 5 opataban a premio. O nivel dos traballos en canto a calidade técnica e relevancia temática foi altísimo, como concluíu o presidente do comité científico, motivo polo cal, a elección do gañador fíxose máis complexa do esperado.

Y ENFERMERAS DE AP VIGO. Nazaret Rubio González e Pablo Domínguez Lijó. Unidade
Docente de Vigo.

VIGO. Marta Baz Rodríguez. Unidade Docente de Vigo.

Martínez. Unidade Docente de A Coruña.

Cácharo. Unidade Docente de Ourense.

INTERVENCIÓN EDUCATIVA GRUPAL E INDIVIDUAL. Miriam Irene Cedrón
Santaeufemia. Unidade Docente de Ourense.

EL ORDEN DE LOS CUESTIONARIOS? Carmen Macarena Pallas Queijo. Unidade Docente
de Vigo.
Despois da exposición dos traballos por parte dos novos especialistas, a especialista Patricia Torres Álvarez presentou o poster “Fármacos de uso común en el PAC de Narón” sobre a administración de medicamentos nos PAC, o cal ven de ser premiado no último congreso nacional de FAECAP o pasado mes de Abril.

UN PUNTO DE ATENCIÓN CONTINUADA. Patricia Torres Álvarez. Unidade Docente de Ferrol.
Para finalizar a xornada outorgouse o premio ó traballo “Uso problemático de internet en los adolescentes del área de Vigo”, non sen antes volver a sinalar a alta calidade dos traballos presentados. Recolleu o premio Marta Baz Rodríguez especialista formada na Unidade Docente de Vigo.
A entrega do premio e discurso final de clausura veu da man de Blanca Cimadevila Álvarez, Xefa do Servizo de Integración Asistencial da Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria.

Cimadevila Álvarez , Xefa do Servizo de Integración Asistencial da Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria, ENTREGA O
PREMIO Á MELLOR COMUNICACIÓN.


Non están permitidos os comentarios.