Cargando

73.064 galegos exerceron o seu dereito á libre elección enfermeira na Atención Primaria

73.064 galegos exerceron o seu dereito á libre elección enfermeira na Atención Primaria

  • O pasado mes de agosto, cumprironse dous anos da entrada en vigor deste dereito para os usuarios do Servizo Galego de Saúde.
  • A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC) considera que esta medida tivo un impacto positivo para os usuarios xa que agora poden escoller o profesional no que sintan maior confianza.
AGEFEC_Cartel-Libre-Elección-Enfermeira-20-agosto

Preme pra ve-lo posicionamento

Dende agosto do 2015 para dar a coñecer este novo dereito dos galegos e galegas, recoñecido no  Decreto 55/2015, do 26 de marzo, polo que se regula o exercicio do dereito á libre elección de persoal médico de familia, pediatra e persoal de enfermaría en atención primaria, e de centro ou complexo hospitalario por un problema de saúde novo, no Sistema público de saúde de Galicia, a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC) liderou unha campaña informativa baixo o lema “O teu dereito, a túa saúde. Elixe o teu enfermeiro/a” e a premisa “A confianza no profesional que te atende é fundamental”.

Segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade, a 30 de setembro de 2017, producíronse nestes dous anos, 73.064 cambios de enfermeiro/a de familia, dos cales 62.929 producíronse dende o 31 de agosto de 2016, o que pon de manifesto que a maior implantación do dereito se levou a cabo neste segundo ano. Estes cambios de profesional, realizáronse mantendo unha absoluta normalidade na actividade asistencial nos Equipos de Atención Primaria, o que xustifica os cambios lexislativos feitos no seu momento para permitir que os cidadáns galegos poida escoller o seu enfermeiro/a de familia.

EOXI SERGAS CAMBIOS DE ENFERMEIRO/A*
A CORUÑA 15.763
FERROL 9.238
SANTIAGO 8.981
LUGO-CERVO-MONFORTE 6.667
OURENSE-VERÍN-BARCO 8.686
PONTEVEDRA-SALNÉS 8.038
VIGO 15.691
TOTAL 73.064

* Datos dende a entrada en vigor ata o 30 de setembro de 2017

A  AGEFEC destaca que esta mellora permitiu e permite á poboación en xeral, ás familias e aos individuos en particular coñecer en todo momento a Enfermeira de referencia responsable dos seus coidados, o que da pé a mellora-lo proceso de comunicación Enfermeira-Paciente, incrementando a eficacia na continuidade de coidados en calquera proceso de saúde-enfermidade, feito que anteriormente se podía ver comprometido xa que o paciente non podía levar a cabo unha asignación concreta de Enfermeiro/a.

Pero dende a AGEFEC seguimos solicitándolle ao SERGAS:

agefec

agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios