Cargando

As Sociedades Científicas de Atención Primaria de Galicia piden a retirada da nova Lei de Saúde e melloras estruturais na Atención Primaria galega

As Sociedades Científicas de Atención Primaria de Galicia piden a retirada da nova Lei de Saúde e melloras estruturais na Atención Primaria galega

  • As Sociedades Científicas Médicas (AGAMFeC e SEMG-Galicia) e a Enfermeira (AGEFEC) enviaron este mércores unha carta ao Presidente da Xunta de Galicia e ao Conselleiro de Sanidade.

Os Presidentes da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFeC), a Sociedade Galega de Médicos Xerais e de Familia (SEMG – Galicia) e a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC), asinaron este mércores unha carta dirixida ao Presidente da Xunta de Galicia e ao Conselleiro de Sanidade na que solicitan a retirada do anteproxecto de modificación da Lei de Saúde de Galicia do ano 2008, xa que consideran que “resulta claramente prexudicial para o desenvolvemento da Atención Primaria”.

«A nova Lei de Saúde resulta claramente prexudicial para o desenvolvemento da Atención Primaria»

Segundo o documento, “este anteproxecto confirma e oficializa as Áreas de Xestión Integradas, que ca intención, nunca demostrada nin avaliada,  de integrar e coordinar mellor a asistencia sanitaria, está a contribuír á irrelevancia da Atención Primaria e á súa infradotación e descapitalización, diminuíndo, de ano en ano, o seu peso no conxunto dos orzamentos do SERGAS. Este ano situarase no magro 13% (con áreas como Vigo que non pasan do 11%), lonxe das recomendacións que o sitúan no 25% do gasto sanitario para que o sistema poda ser sostible. Semella sinxelo:  si centramos a meirande parte  do investimento en curación e tratamento e menos en prevención e promoción da saúde, característicos da Atención Primaria, o futuro que nos espera é desolador. A perda das xerencias de Atención Primaria teñen sido o comezo da marxinación da Atención Primaria e a súa substitución e absorción polos problemas máis acuciantes dos grandes centros hospitalarios.”

«A financiación da Atención Primaria de Galicia situarase no magro do 13%, lonxe das recomendacións que o sitúan no 25% do gasto sanitario para que o sistema poda ser sostible. Se centramos a meirande parte  do investimento en curación e tratamento, e menos en prevención e promoción da saúde, característicos da Atención Primaria, o futuro que nos espera é desolador. A perda das xerencias de Atención Primaria teñen sido o comezo da marxinación da Atención Primaria»

 

A carta finaliza cunha petición clara para as Sociedades Científicas Médicas e Enfermeira de Atención Primaria: “reclamamos a retirada de este anteproxecto e a recuperación das estruturas de xestión da Atención Primaria que podan dar o pulo que o primeiro e fundamental nivel asistencial precisa.”

 

 

A carta está asinada polos Presidentes de:

 

ASOCIACIÓN GALEGA DE ENFERMARÍA FAMILIAR E COMUNITARIA (AGEFEC)

ASOCIACIÓN GALEGA DE MEDICINA FAMILIAR E COMUNITARIA (AGAMFEC)

SOCIEDADE GALEGA DE MÉDICOS XERAIS E DE FAMILIA (SEMG – GALICIA)

 

agefec

agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios